CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

En 2013, cando Francisco Carballo xa estaba moi “tocado” pola enfermidade, fixo unha lúcida colaboración (como biógrafo) para o documental “A fazaña da liberdade”, dedicado a Alexandre Bóveda. Aparece en dez intervencións abondo interesantes (minutos 5:26 / 6:45 / 12:36 /17:15 / 28:14 / 58:12 / 70:58 / 72:00 / 73:49 e 75: 52). Conforma este un dos postremeiros documentos videográficos de Francisco Carballo (en vida) que merece ser espallado.

Tiramos do texto que pendurou a productora FilmikaGalaika en Youtube: “É un documental que amosa o periplo vital dun dos personaxes máis salientábeis de Galiza. Un documental que reconstrúe a vida e actividade de Alexandre Bóveda (1903-1936): facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galiza, integrante do Seminario de Estudos Galegos, fundador e Secretario Xeral do Partido Galeguista e, ante todo, un bo e xeneroso “entregado á causa galega”. “A fazaña da liberdade” conforma unha visión áxil, que mesmo vai acompañada dunha explicación do contexto histórico, lugares, axentes e causas que deseñaron o espazo e o tempo de Alexandre Bóveda. Testemuñas e contexto aportados por Francisco Carballo, Uxío Breogán Diéguez, Francisco Rodríguez, Carlos Velasco, Fernando Quintela, Xosé Manuel Beiras, Xavier Vence, Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Justo Beramendi. Outrosí os fillos de Bóveda (Xosé Luís e Amalia) e o neto (Valentín García Bóveda)”. ¡Beizón!

Fonte: FilmikaGalaica (2013)
Os comentarios están pechados.