Navegación por
Autor: sprol

MÉNDEZ FERRÍN: NO DÉDALO MÁXICO DE PERCIVAL

MÉNDEZ FERRÍN: NO DÉDALO MÁXICO DE PERCIVAL

Co gallo dunha recente visita á Insua dos Poetas [Esgueva, Madarnás, O Carballiño], coa Asociación do IV Ciclo da USC, rememoramos outra volta ao Noso candidato ao Premio Nobel de Literatura. Neste singular proxecto creativo do actual presidente do PEN Club Galicia, o escritor Luís González Tosar, que vai fornecéndose máis e máis dende o 2009, detivémonos no conxunto escultórico dedicado ao Grupo Brais Pinto, do que Xosé Luís Méndez Ferrín formaba parte capital na súa estadía en Madrid a…

Ler máis Ler máis

QUE É VOAR CONSONTE JOSÉ PIÑEIRO

QUE É VOAR CONSONTE JOSÉ PIÑEIRO

Nunha achega anterior, que titulamos “José Piñeiro, o intrépido aviador do Seixo” [pinchar eiquí], procuramos mergullarnos nun singular aviador galego; un avanzado orixinario do Seixo [Mugardos]. Recentemente apareceu un interesante volume do escritor compostelán Xavier Lorenzo Tomé titulado “Piñeiro, o aviador, e o señor Verne” [Edicións Positivas, 2022]. Unha incursión abondo atractiva na que mestura “fantasía e crónica, o que puido ser e o que foi, a verdade e a posverdade, a Historia que nos varre…”, como ben apunta o…

Ler máis Ler máis

BURT BACHARACH FOREVER

BURT BACHARACH FOREVER

Enterámonos do pasamento [con 94 anos de idade] do prolífico compositor norteamericano Burt Bacharach. Conforma dende hai moito tempo un dos parceiros que empregamos como pano de fondo pra conducir, estudar, investigar, escribir… Ás casettes cos seus éxitos máis senlleiros fixeron moitos quilómetros con nós. Vaise outro grande da nómina máis nosa. Que lle sexa leve a terra… Desta volta decantámonos por unha das máis senlleiras: “I´ll never fall in love again”. Listen:

 JONATHAN, A TARTARUGA MÁIS VELLA DO MUNDO

 JONATHAN, A TARTARUGA MÁIS VELLA DO MUNDO

Ollamos en varias publicacións que na Illa Santa Helena [que descubrira o macedán João da Nova en 1502], decretaron tres días de celebracións [con tarta vegana incluída: cenorias, mazás, bananas e pepinos] co gallo dos 190 anos da tartaruga Jonathan. Malia súa lonxevidade, segue tendo boa libido e bo oído, pero a vista e o olfacto xa van moi minguados… Coidan naceu polo 1832 nas Seychelles. Chegou a Santa Helena en 1882 como agasallo ao gobernador sir Willian Grey-Wilson. Dende…

Ler máis Ler máis

A BELLA OTERO, COSMOPOLITA, TRANSGRESORA E PROSCRITA

A BELLA OTERO, COSMOPOLITA, TRANSGRESORA E PROSCRITA

Actualizamos parte dun traballo da nosa autoría imprentado no Guieiro Cultural do semanario A Nosa Terra [17/XII/1998, nº 861, pp 32-33]. Naquela altura impartiamos docencia en Valga [Pontevedra], o que nos levou a mergullarnos na traxectoria dunha galega universal orixinaria daquel concello: “Até hai pouco máis dun par de décadas, a Bella Otero [Valga, 1868 – Niza, 1965] foi desprezada e ninguneada polos poderes locais e polos descendentes dos que foran seus veciños, agás contadas excepcións. A mensaxe era clara:…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO E OS PARATEXTOS EN AELG.GAL

FRANCISCO CARBALLO E OS PARATEXTOS EN AELG.GAL

Este 29 de novembro cúmprense 8 anos do pasamento de Francisco Carballo, un dos grandes fillos sobranceiros de Maceda. Deixounos [con 89 anos] lonxe da terra, no seu exilio último en Santa Marta de Tormes [Salamanca]. Agora ben, descansa na campa de Asadur [Maceda], pois esa era a súa vontade [coa axuda necesaria da súa sobriña Milagros Calvo Carballo, que fixo valer a súa arela derradeira diante das autoridades dos PP Paúis en Salamanca]. Reparamos hoxe nos PARATEXTOS [pinchar eiquí]…

Ler máis Ler máis