Navegación por
Autor: sprol

A BATALHA DE TRINDADE NA GRAN GUERRA

A BATALHA DE TRINDADE NA GRAN GUERRA

Atopamos na arañeira un vídeo singularmente interesante na procura de fornecer todo o que teña que ver [directa ou indirectamente] co nauta galego João da Nova. A Batalha de Trindade foi adiante entre grandes navíos transatlánticos [cruceiros readaptados e militarizados], durante a Primeira Guerra Mundial, denominada a Gran Guerra [logo viría outra máis demoledora e máis grande…]. Sucedeu o 14 de setembro de 1914 ao abeiro do territorio marítimo do Brasil [país neutral naquel intre], máis concretamente a carón da Ilha da…

Ler máis Ler máis

ILHA DA TRINDADE NO IBGE

ILHA DA TRINDADE NO IBGE

Desta volta tiramos do IBGE, léase o Instituto Brasileiro de Geografía e Estatística, que tivo a ben pendurar esta singular fotografía da Ilha da Trindade (Estado de Espírito Santo, Vitória, Brasil), descuberta por João da Nova, o nauta vencellado coa casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza). Outrosí recuperamos o texto que a acompaña: “Localizada a 1.167 quilômetros de Vitória e a 2.400 quilômetros da África, a Ilha da Trindade é supervisionada atualmente pela Marinha Brasileira. O arquipélago pertence a uma…

Ler máis Ler máis

A LECCIÓN DO EXILIO

A LECCIÓN DO EXILIO

O 25 de xaneiro de 2001, imprentaba Francisco Carballo unha columna no semanario A Nosa Terra sobre un tema polo que tiña querencia como historiador e no que partillaba: “O exilio galego está a ser estudado e aproveitando para lembrar a un dos alcaldes de Pontevedra, don Bibiano Osorio Tafall, e homenaxear a tres mulleres representantes dese exilio, as señoras Maruxa Seoane, Mariví Villaverde e Chonchiña Comesaña. Tal exilio, 1936-75, é un dos sismógrafos que miden o terremoto dos anos…

Ler máis Ler máis

FERRÍN E VILANOVA DOS INFANTES

FERRÍN E VILANOVA DOS INFANTES

Nunha recente viaxe a Celanova e a Vilanova dos Infantes, atopamos abondosas pisadas abeiradas ao noso candidato ao Nobel de Literatura. Mesmo comprobamos o afecto e admiración que lle amosa a xente coa que contactamos alí. Tiramos do libro X. L. Méndez Ferrín de Xosé M. Salgado e Xoán M. Casado (Ed. Sotelo Blanco, 1989). Pregúntanlle os autores que significado tiña Vilanova dos Infantes [ou das Infantas] na súa infancia. Ferrín respondeu: “Ir a Vilanova era cambiar de mundo [el…

Ler máis Ler máis

QUE FACER NA ILLA DE SANTA HELENA

QUE FACER NA ILLA DE SANTA HELENA

Atopamos outro vídeo en youtube [10´] abondo interesante sobre a illa que descubriu João da Nova en 1502, ao regreso do III Viaxe á India da Coroa de Portugal. Ademais de fermosas vistas aéreas, o youtuber Jeb Brooks repara con detalle na famosa Escaleira de Jacob, nas residencias de Napoleón no seu exilio derradeiro en Santa Helena, nalgunhas das rutas de sendeirismo que se poden facer e nalgunhas das vistas máis abraiantes desta singular e magnética illa. Excelente traballo audiovisual….

Ler máis Ler máis

“O VATICANO É UNHA EXCRECENCIA”

“O VATICANO É UNHA EXCRECENCIA”

Por mor dos escándalos financeiros que involucraron a “peixes gordos” do Vaticano (compras inmobiliarias millonarias no exterior: inmobéis de luxo en Londres con escuras empresas inglesas que terían participado na operación financeira -con diñeiro inicialmente destinado pra erradicar a pobreza…), queremos traer á bitácora unha das afirmacións máis contundentes que fixera Francisco Carballo no libro das “Conversas” (Prol / Carballa, ANT, 2002). No capítulo “Relixión. A inculturación da fe”, na páxina 61, conversando sobre “os ateos de verdade”, Carballo dicía…

Ler máis Ler máis