Navegación por
Autor: sprol

DEBEN BAUTIZAR EN GALEGO NOVOS CORPOS CELESTES

DEBEN BAUTIZAR EN GALEGO NOVOS CORPOS CELESTES

Lemos nun medio de difusión estatal, a revista máis vendida de España [Pronto, núm. 2.666, 10/VI/2023, páx. 89] que a Organización de Nacións Unidas  [ONU] “propuxo que se lle dese prioridade ás linguas vernáculas pra nomear novos corpos celestes descubertos. A Universidade Pública do País Vasco suxeriu que se bautizase como Gar [chama] ao planeta Gliese 486 e Su [fogo] á estrela abeirada. A Unión Astronómica Internacional deu a súa conformidade. Tamén o fixo coas propostas chegadas dende as Illas…

Ler máis Ler máis

LEMBRANDO AO CHE

LEMBRANDO AO CHE

O Che Guevara fora ultimado en La Higuera, Bolivia, o 9 de outubro de 1967. Como vivimos tempos convulsos, imos recuperar “Lembrando ao Che”, a columna que lle dedicou o historiador Francisco Carballo no núm. 1.064 do semanario A Nosa Terra [10/I/2003]. Comezaba rememorando que fixera unha visita a Cuba [sabemos polas súas “Memorias” que estivo alí en 1993 e que tamén estivera con outros familiares en Montevideo, Uruguai, en 1992]. O seu curmán Rafael Simón -que fora secretario persoal…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA E  A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR

JOÃO DA NOVA E  A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR

Atopamos en “youtube” un interesante vídeo sobre o nauta vencellado con Maceda e a 1ª Batalla de Cananor, desenvolta na costa do Malabar indio [actual estado de Kerala]. Naquel estratéxico lugar asentaría o descubridor galego a primeira feitoría [lugar para o comercio internacional] de Portugal en Oriente. Porén, denantes tivera problemas co samorim [señor do mar] de Calecute [hogano Kozhikode]. Os islámicos establecéranse no Malabar indio había tempo. Facían de intermediarios entre o samorim, os venecianos e os xenoveses. Os…

Ler máis Ler máis

DON PACO DEL RIEGO, O INVENTOR DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DON PACO DEL RIEGO, O INVENTOR DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Nunha aqueloutrada entrevista que lle fixo Xan Carballa en El País, no suplemento Luces, o venres, 26 de xaneiro de 2007, Francisco Fernández del Riego, aínda director naquela altura da Biblioteca Penzol de Vigo [tiña 94 anos], aseveraba nun gran titular que “queimara a vida en defender a cultura do Noso País”. Na penúltima pregunta, Xan Carballa dicíalle que el fora o inventor do Día das Letras Galegas. Don Paco respondeu: “Foi en 1963, no mesmo ano que se implantou…

Ler máis Ler máis

DON PACO DEL RIEGO & XOSÉ LOIS PARENTE

DON PACO DEL RIEGO & XOSÉ LOIS PARENTE

No volume “Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República” [Prol: 2006] puxemos o foco no vencello entre o proteico poeta macedán e o heterodoxo intelectual galeguista de Lourenzá, ao que -este ano- lle dedican o Día das Letras Galegas que el mesmo promoveu. Estamos a falar de don Francisco Fernández del Riego. Recuperamos das páxinas 79-82: No núm. 159 de Heraldo de Galicia [27 de novembro de 1933], aparecía -na primeira páxina- unha crítica moi favorábel de don…

Ler máis Ler máis

¿QUE FALTOU EN MACEDA?

¿QUE FALTOU EN MACEDA?

Fixémoslle esa pregunta a Francisco Carballo no libro das Conversas [Prol / Carballa, ANT, 2002], no primeiro capítulo dedicado á súa terra de orixe. O egrexio historiador contestou: “Denantes do 36 as aldeas estaban en eclosión pola volta dos emigrados. Espacialmente a vila de Maceda era pequena e debía estar moi amoreada. No concello había máis do dobre de habitantes que hoxe. Maceda era comercial, artesá, dos profesionais medios e dos canteiros. Había unha simbiose co campo (…). A vila…

Ler máis Ler máis