Con Pessoa en Lisboa

Con Pessoa en Lisboa

Con Pessoa en Lisboa a finais dos anos 90 do século pasado. Arquivo do autor.

Estivemos en Lisboa un bo feixe de veces ao longo da nosa vida. Mesmo cando nos mergullamos na traxectoria de João da Nova, nunha xeira chea de motivación, achegámonos a esa cidade atlántica con máis frecuencia. Nalgúns recesos naquela pescuda fixemos máis dunha visita ao Café A Brasileira no Chiado. No exterior del asentan (dende 1988) a estatua de Pessoa. Lembramos hoxe versos del que nos marcaron:

“O poeta é um fingidor.
Finge tão completamente
que chega a fingir que é dor
a dor que deveras sente”.

Os comentarios están pechados.