PORTUGAL, ORMUZ E GOLFO PÉRSICO
Fonte: @DescobertadePortugal
Atopamos na arañeira outro interesante vídeo titulado “O século portugués de Ormuz”. Indirectamente aparece João da Nova, pois foi un dos capitáns que acompañou a Afonso de Albuquerque en 1507 por aquela zona do Índico co buque insignia da coroa portuguesa, a nao Flor de la Mar. Son 13 minutos abondo ilustrativos. Entre 1515 e 1622, Portugal foi hexemónica no control do Golfo Pérsico e Ormuz, nunha das rutas comerciais máis salientábeis do mundo dende hai máis de cinco séculos. Beizón!