O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (9)
Engade Abel Yebra, no número de maio / xuño de 2004 da revista “Yuca”, un novo apartado: O Cristianismo:
“Na Igrexa Católica subsiste a Igrexa de Cristo, sen dúbida; pero noutras comunidades cristiás, ¿quen pode medir a presenza salvífica de Cristo? Francisco Carballo subliña a distinción entre igrexas históricas, evolutivas e o cristianismo. O cristianismo é plural e está por riba dunha ou doutra igrexa. A resurrección de Xesús é o que divide aos cristiáns dos non cristiáns. Xesús é a suprema realización humana… Xesús foi un rebelde relixioso. Neste vieiro de Xesús encarreirase Francisco Carballo (…)”.
N.B.- Na foto -autoría de Xabier Oviedo- podemos ollar a entrada principal do reitorado dos PP. Paúis de Salamanca que dirixiu Francisco Carballo dende mediados dos anos 60 até 1973, nuns anos abondo convulsos logo do Concilio Vaticano II e a súa complicada posta en escea -praxe-, que conlevou unha crise xeralizada nos seminarios e reitorados relixiosos de todo o Estado español e do que Salamanca non foi alleo.