O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (5)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (5)

Fonte imaxes de Roma: www.101viajes.com.

Titula Abel Yebra o apartado 3, “O seu pensamento”. Comeza co 3.1, “A transformación de Francisco Carballo”. Logo aporta:

“Cando Carballo era reitor do Teologado de Salamanca, tivo a oportunidade de formar parte do “Grupo dos Sete”. “Os Sete” eran paúis que se xuntaban todos os anos en Roma pra analizar as inquedanzas, tendencias e aspiracións dos membros da Congregación nos distintos países nos que operaban. Todo isto, di Carballo, “serviume pra modificar a estrutura mental na que fora educado e evolucionar cara outra, bíblica e moderna. Cando vexo a outros clérigos e laicos que nin len os documentos do Vaticano II, nin se atreven a saír da escolástica, doume conta da dificultade e da facilidade que proporciona a saída de tal reduto ahistórico e a posesión dunha hermenéutica histórica de liberación. Axudoume nesta transformación o feito de poder sumar as sinerxias de todos os saberes que tes, científicos, filosóficos e, sobre todo, históricos”.  

Os comentarios están pechados.