HISTORIA DO CASTELO DE MACEDA EN YOUTUBE
O 17 de maio de 2017 propúxonos o amigo Bieito Seara (que sempre exerce de macedán), que nos achegásemos até a nosa vila natal a finais daquel mes, para recrearlle sinteticamente a historia da Nosa Torre Medieval a un colectivo de economistas galegos. Xuntaba Bieito aos seus colegas en Maceda por razóns profesionais e de confraternidade, arredor dunha comida de traballo, no prestixioso restaurante hogano alí operativo, dentro do complexo turístico Hotel Monumento Castelo de Maceda. Como nos pillaba mal na “axenda” o día programado, consensuamos entre os dous que fariamos previamente unha gravación caseira co “mancontro” del, e que logo xa se encargaría o staff do hotel para que o visionasen na Sala de Exposicións João da Nova, dentro da Torre da Homenaxe. A gravación pendurouna o “youtuber” Bieito nesa revolucionaria ferramenta audiovisual e, paralelamente, o activista macedán Juan José Pérez Ramos, baixo o paraugas de Maceda na Rede. Ademáis do que lle gorentou ao colectivo de economistas, a nosa agradábel sorpresa foi que este improvisado vídeo (sen enfeitar) leva perto de milleiro e medio de visualizacións na canle de youtube (entre as dúas), mesmo con aqueloutrados comentarios. Oxalá motive á xente interesada. Mesmo se anime e teña a ben visitar o edificio civil máis salientábel da contorna de Maceda, declarado BIC (Ben de Interese Cultural), que tivo entre os seus egrexios moradores ao rei Afonso X, o Sabio, que fixo inmersión lingüística en galego eiquí. Graciñas mil! Beizón!
Eis os enlaces: