ENTREVISTA A F. CARBALLO EN IRMANDADE TV

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN IRMANDADE TV

Fonte da imaxe: Irmandade TV

A canle Irmandade TV, da man de Pedro Alonso,  fíxolle unha singular entrevista a Francisco Carballo-para o segundo programa do Caleidoscopio-, pouco antes do seu derradeiro exilio en Salamanca [no intre da gravación contaba con 88 anos de idade e vivía temporalmente en Ourense]. Rescatárona o 29 de novembro de 2014, o día que Francisco Carballo nos deixou. Saíu publicada inicialmente o 3 de setembro de 2013, cunha entradiña: “Neste programa do Caleidoscopio entrevistamos a Francisco Carballo. Nado en 1925 en Celeirón de Asadur (Maceda). É historiador, escritor, sacerdote e teólogo galego”. Cunha duración de 36 minutos e 39 segundos, repasa boa parte da súa traxectoria ideolóxica coa lucidez de sempre. Eis un documento audiovisual abondo importante -nesta canle privada de TV con emisións só en galego e en clave Nosa-, no que F. Carballo se amosa optimista, repousado e reflexivo, malia estar xa moi “tocado” pola enfermidade que o levaría ao empardecer do ano seguinte. Paga a pena reparar nela e vulgarizala de novo. Carballo segue coa teima da unidade do nacionalismo [naquela altura moi fragmentado]. Como ben consigna el: “SOBRA ORTODOXIA E FALTA ORTOPRAXE”. ¡Graciñas mil!:

Fonte: Irmandade TV

Os comentarios están pechados.