BIEITO SEARA CONSONTE ANXO QUINTANA
Rescatamos hoxe, do Introito [páx. 12] das “Conversas co Bieito” [Prol, 2022], as verbas de Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia no Goberno Bipartito entre 2005 e 2009: “Un día dixéronme que en Maceda había un rapaz nacionalista moi interesante. Eu, que daquela dedicábame ao proselitismo nacional a tempo parcial, mandei a un propio para testar a noticia e pouco despois tiven a oportunidade de coñecer a Bieito, que así se chamaba o intercepto. Supoño que é difícil que a primeira…