OS PSEUDÓNIMOS DE FRANCISCO CARBALLO

OS PSEUDÓNIMOS DE FRANCISCO CARBALLO

Francisco Carballo na redacción d´ANT, 1988. Foto: Xan Carballa

Pásanos Xan Carballa esta foto de F. Carballo no seu despacho na redacción do semanario A Nosa Terra en Vigo, datada en abril de 1988. No libro das “Conversas” (Prol / Carballa, 2002) cóntanos que deixara imprentados naquel medio moitos artigos, editoriais nos anos 80, recensións de libros… Mesmo que entendera a función e influencia da prensa, debéndolle “horas de alegría e responsabilidade”. Outrosí que fora presidente da empresa editora (Promocións Culturais Galegas S. A.) dende 1981 até 1995.

Logo preguntámoslle se empregara pseudónimos no franquismo e posteriormente. Contestounos: “Asinei con Paulo de Armenteira e ocasionalmente con Daniel do Souto, que era o que utilizaba cando escribía de temas relixiosos nos anos 60. A pista que eu deixo é clara porque á miña familia chamábanlle “os do Souto”. Useinos como unha certa reserva ante os cofrades e a policía, pero tamén os empreguei por xogo”.

Os comentarios están pechados.