17 DE AGOSTO, DÍA DA GALIZA MÁRTIR

17 DE AGOSTO, DÍA DA GALIZA MÁRTIR

Incorporamos desta volta a cantiga que o grupo A Quenlla fixo para conmemorar o Día da Galiza Mártir [incluído no álbum “Na boca unha cantiga” de 2008], cun vídeo moi evocador, mesmo con imaxes e verbas que chegan ao fondo dos corazóns das xentes de ben do Noso País. Macedáns nacionalistas do nivel de Francisco Carballo, Celso Sánchez e Bieito Seara sempre percibiron o 17 de agosto como o día da vindicación e da dignificación dos nosos caídos e represaliados por mor do oprobio do 36 [data oficializada por Castelao no seu exilio bonaerense dende 1942]. Mesmo se teñen achegado até A Caeira nesa data, lugar onde fora ultimado o histórico galeguista ourensán. Na entradiña do logrado vídeo que pendurou David Iglesias en Youtube, podemos ler: “Peza musical “Silencios na memoria” do grupo A Quenlla. O 17 de agosto considerado o Día da Galiza Mártir, no aniversario da morte de Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto do 1936, na Caeira [Poio, Pontevedra]. No 2012 a fundación Alexandre Bóveda concedeulle o premio “Día da Galiza Mártir” a Xosé Luis Rivas [Mini] e a Baldomero Iglesias [Mero] polo seu traballo a prol da memoria histórica”. Dicíanos Francisco Carballo que a Historia non se repite pero que amosa ciclos que se asemellan. ¡Beizón!

Os comentarios están pechados.