OS CONDES DE MACEDA, A BARCA E MUXÍA [EN BUCLE]

OS CONDES DE MACEDA, A BARCA E MUXÍA [EN BUCLE]

Xa dixemos nalgunha achega anterior que imos até Muxía todos os anos dende que residimos en Compostela. Mesmo que chama a atención ao chegar, que nos grandes carteis colocados polo concello apareza un vencello evidente con Maceda: “Santuario da Virxe da Barca. O templo deste santuario data do século XVII e garda os sepulcros dos condes de Maceda, que foron mecenas da obra”. Se damos un paseo pola vila, mesmo podemos ollar a Rúa Condes de Maceda. O mecenado e…

Ler máis Ler máis

EIBAR, DENDE SEMPRE

EIBAR, DENDE SEMPRE

O nome de Eibar levámolo asociado dende a primeira infancia. Até alí emigraron familiares nosos que regresaban nos veráns á súa terra de orixe. Polo efecto chamada, xunto con outra xente da contorna de Maceda, establecéronse a mediados do século XX en Eibar na procura dun futuro mellor. Situada no centro do País Vasco, hogano amósase estratéxica para o Turismo Social, que organiza o Goberno do Estado. Conta cun amplo e céntrico hotel [Unzaga Plaza, R/ Ego Gain, 5] a…

Ler máis Ler máis

MÉNDEZ FERRÍN: NO DÉDALO MÁXICO DE PERCIVAL

MÉNDEZ FERRÍN: NO DÉDALO MÁXICO DE PERCIVAL

Co gallo dunha recente visita á Insua dos Poetas [Esgueva, Madarnás, O Carballiño], coa Asociación do IV Ciclo da USC, rememoramos outra volta ao Noso candidato ao Premio Nobel de Literatura. Neste singular proxecto creativo do actual presidente do PEN Club Galicia, o escritor Luís González Tosar, que vai fornecéndose máis e máis dende o 2009, detivémonos no conxunto escultórico dedicado ao Grupo Brais Pinto, do que Xosé Luís Méndez Ferrín formaba parte capital na súa estadía en Madrid a…

Ler máis Ler máis

QUE É VOAR CONSONTE JOSÉ PIÑEIRO

QUE É VOAR CONSONTE JOSÉ PIÑEIRO

Nunha achega anterior, que titulamos “José Piñeiro, o intrépido aviador do Seixo” [pinchar eiquí], procuramos mergullarnos nun singular aviador galego; un avanzado orixinario do Seixo [Mugardos]. Recentemente apareceu un interesante volume do escritor compostelán Xavier Lorenzo Tomé titulado “Piñeiro, o aviador, e o señor Verne” [Edicións Positivas, 2022]. Unha incursión abondo atractiva na que mestura “fantasía e crónica, o que puido ser e o que foi, a verdade e a posverdade, a Historia que nos varre…”, como ben apunta o…

Ler máis Ler máis

BURT BACHARACH FOREVER

BURT BACHARACH FOREVER

Enterámonos do pasamento [con 94 anos de idade] do prolífico compositor norteamericano Burt Bacharach. Conforma dende hai moito tempo un dos parceiros que empregamos como pano de fondo pra conducir, estudar, investigar, escribir… Ás casettes cos seus éxitos máis senlleiros fixeron moitos quilómetros con nós. Vaise outro grande da nómina máis nosa. Que lle sexa leve a terra… Desta volta decantámonos por unha das máis senlleiras: “I´ll never fall in love again”. Listen:

 JONATHAN, A TARTARUGA MÁIS VELLA DO MUNDO

 JONATHAN, A TARTARUGA MÁIS VELLA DO MUNDO

Ollamos en varias publicacións que na Illa Santa Helena [que descubrira o macedán João da Nova en 1502], decretaron tres días de celebracións [con tarta vegana incluída: cenorias, mazás, bananas e pepinos] co gallo dos 190 anos da tartaruga Jonathan. Malia súa lonxevidade, segue tendo boa libido e bo oído, pero a vista e o olfacto xa van moi minguados… Coidan naceu polo 1832 nas Seychelles. Chegou a Santa Helena en 1882 como agasallo ao gobernador sir Willian Grey-Wilson. Dende…

Ler máis Ler máis