VIDA PRINCIPESCA EN MEIRÁS
Nos cinco veráns completos que Manuel Vidal (Prol: 2017) pasou na Granxa de Meirás, puido comprobar que a vida cotián dentro do pazo era moi ordenada e metódica. A cotío pululaba polo interior unha cuadrilla de operarios: “parecía en cierto modo un cenobio monástico”. Comíase e ceábase a toque de campá. Había continuamente, buligando polo pazo, amigos da condesa ou dos seus descendentes (Jaime, Blanca e Carmen), entre os que sobresaían sacerdotes, literatos, aristócratas, políticos, militares e artistas, que pasaban…