CARTA AO SEÑOR FUTURO
A comezos de 2008 Francisco Carballo imprentou no semanario ANT unha columna con ese título. Sabiamos da súa querenza polos escritores uruguaios Eduardo Galeano e Mario Benedetti. Tivemos a fortuna de escoitalos -ao igual que Carballo- eiquí, en Compostela, máis dunha vez: “Non quero deixar de sumarme a ese agasallo en galego de Eduardo Galeano (Laiovento, 2008), unha escolma longa e trepidante de artigos deste avogado e xornalista para nós (…). De Galeano teño sempre á man “Las venas abiertas…