Navegación por
Categoría: miscelanea

RIGOROSO LABOR. BENIGNO ÁLVAREZ, DETRÁS DO MITO

RIGOROSO LABOR. BENIGNO ÁLVAREZ, DETRÁS DO MITO

A escritora, crítica literaria e profesora Marga Romero (Marga do Val) imprentou unha recensión do noso libro sobre Benigno Álvarez no semanario A Nosa Terra, no verán de 2008 (PINCHAR EIQUÍ). Recuperámola na bitácora e agracedemos, de novo, as súas xenerosas verbas. Beizón!: “O historiador Santiago Prol (Maceda, 1960) achéganos o seu estudo Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30, dentro da colección “O Fardel da Memoria” (Edicións A Nosa Terra), que se converte na primeira biografía sobre…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, O CARDEAL DINAMIZADOR EN CLAVE NOSA

QUIROGA PALACIOS, O CARDEAL DINAMIZADOR EN CLAVE NOSA

O 21 de xaneiro de 2000 cumpríase un século do nacemento de Fernando Euloxio Quiroga Palacios na vila de Maceda (Ourense). Aquel día, en todas as edicións do xornal La Voz de Galicia, apareceu imprentada unha columna de opinión da nosa autoría, que resiste ben o paso do tempo e que imos recuperar un cuarto de século despois: “Hoxe, hai cen anos, nacía Quiroga Palacios. Na convulsa etapa republicana esbozou a imaxe dun sacerdote reflexivo, incitado pola súa química co…

Ler máis Ler máis

CARDEAL QUIROGA PALACIOS NO NO-DO, 1953

CARDEAL QUIROGA PALACIOS NO NO-DO, 1953

No NO-DO 526B, de 2 de febrero de 1953, podemos visualizar unha agarimosa benvida en Santiago de Compostela ao recén nomeado cardeal, don Fernando Quiroga Palacios, orixinario de Maceda (Ourense). Rescatámolo outra volta fornecido coas verbas do xornalista compostelán Diego Bernal López, no traballo monográfico que fixo sobre el (Xunta de Galicia, 1996): “En Compostela durante vinte e dous anos case todo foi obra do Cardeal Quiroga. Os galegos e os santiagueses transformárono nun mito de poder e gloria. Das…

Ler máis Ler máis

MACEDA EN INVERNO. Ramón Caride

MACEDA EN INVERNO. Ramón Caride

Pásanos Moncho Caride o poemario Diacrónica (Editorial Juglar, 2025), no que recupera un bo feixe de composicións imprentadas en incursións de 2006 (As máscaras de Cronos) e 2009 (Criptografías). Desta volta nunha edición bilingüe (coa “axuda” do seu heterónimo / tradutor -ao castelán-  Darío Gancedo). Como Moncho Caride é fillo adoptivo de Maceda dende hai case medio século (só falta que o recoñezan institucionalmente), imos pendurar o poema que titulou MACEDA EN INVERNO, que tivo a ben dedicarnos e que…

Ler máis Ler máis

ROTEIRO POR BARAKALDO (8)

ROTEIRO POR BARAKALDO (8)

Co gallo do 50 aniversario do colexio dos Padres Paúles en Barakaldo, ademais do vídeo do post anterior, penduraron en youtube outro -moi dinámico- no que se pode ollar todo o colexio na actualidade, mesmo con música vasca moi contaxiosa. O outro exemplar da revista “De Paúl” [1963] que manexamos daquela xeira de Francisco Carballo como director do colexio San Vicente de Paúl de Barakaldo, comeza con tres editoriais -da súa autoría- sobre a esperanza que ten o home para…

Ler máis Ler máis

CARBALLO, SEMPRE NO CORAZÓN

CARBALLO, SEMPRE NO CORAZÓN

Volvemos rescatar un documento audiovisual entrañábel, teimando no centenario do seu nacemento [8 de marzo de 1925 no lugar de Celeirón, parroquia de Asadur, concello de Maceda, bispado de Ourense). Co gallo da “Homenaxe Nacional a Francisco Carballo”, que organizou o Concello de Maceda, o 27 de decembro de 2014, o xornalista, reporteiro gráfico, editor e amigo do presbítero ilustrado de Maceda, Xan Carballa, artellou un fermoso vídeo que nos chegou ao corazón a todos os presentes naquel masivo acto…

Ler máis Ler máis