Navegación por
Categoría: joao da nova

SINGULAR DOCUMENTAL SOBRE A ILLA SANTA HELENA

SINGULAR DOCUMENTAL SOBRE A ILLA SANTA HELENA

Atopamos na arañeira outro interesante documental, artellado desta volta por divulgadores rusos, sobre a illa Santa Helena. Mergúllanos na illa que descubrira João da Nova, o navegante vencellado coa casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza), que traballaba ao servizo da Coroa de Portugal (Prol: 2002). Na altura de 1502, na viaxe de regreso da India, o nauta galego atopara esta estratéxica illa, que axiña se trocara esencial para o abastecemento de auga doce das expedicións portuguesas (e logo británicas) nas…

Ler máis Ler máis

Con Pessoa en Lisboa

Con Pessoa en Lisboa

Estivemos en Lisboa un bo feixe de veces ao longo da nosa vida. Mesmo cando nos mergullamos na traxectoria de João da Nova, nunha xeira chea de motivación, achegámonos a esa cidade atlántica con máis frecuencia. Nalgúns recesos naquela pescuda fixemos máis dunha visita ao Café A Brasileira no Chiado. No exterior del asentan (dende 1988) a estatua de Pessoa. Lembramos hoxe versos del que nos marcaron: “O poeta é um fingidor.Finge tão completamenteque chega a fingir que é dora…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA NA OLLADA DE ANTONIO PIÑEIRO

JOÃO DA NOVA NA OLLADA DE ANTONIO PIÑEIRO

Pásanos o noso parente Moncho Blanco Prol o traballo que o activista cultural Antonio Piñeiro tivo a ben inserir no xornal La Región o 8 de setembro deste 2025, arredor de João da Nova, un ourensán universal que debemos seguir reivindicando. Mesmo ollamos con ledicia que tome como referencia a pioneira achega João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal (Santiago Prol, 2002), que tivera a ben publicarnos a Deputación Provincial de Ourense, coa inestimábel axuda…

Ler máis Ler máis

A TERRÍBEL ILLA PRISIÓN DO ATLÁNTICO

A TERRÍBEL ILLA PRISIÓN DO ATLÁNTICO

Outro singular vídeo complementa ao anterior nesta versión brasileira. Mergúllanos outra volta na Illa Santa Helena descuberta por João da Nova en 1502, ao regreso da Terceira Expedición á India ao servizo da Coroa de Portugal [Prol: 2002, pinchar eiquí]. Illa estratéxica no Atlántico Sur para as expedicións portuguesas. Andando o tempo, xa vencellada ao Imperio Británico, foi empregada como cárcere de salientábeis persoeiros históricos, con Napoleón Bonaparte á cabeza.

A ILLA SANTA HELENA, PRISIÓN PERFECTA PARA NAPOLEÓN?

A ILLA SANTA HELENA, PRISIÓN PERFECTA PARA NAPOLEÓN?

Desta volta atopamos na arañeira outro recente vídeo [7 minutos e 40 segundos] vencellado con João da Nova, o galego máis relevante do século XVI, orixinario de Maceda (Ourense, Galiza). Eis o texto que o acompaña: Você sabia que existe uma ilha tão remota e isolada que foi usada para aprisionar alguns dos líderes mais famosos da história, incluindo Napoleão Bonaparte? Localizada no meio do Oceano Atlântico, a Ilha de Santa Helena se tornou uma prisão perfeita para quem os…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA NA SERIE GRANDES EXPEDIÇÕES

JOÃO DA NOVA NA SERIE GRANDES EXPEDIÇÕES

Atopamos en “youtube”, na serie documental portuguesa Grandes Expedições, un interesante monográfico [de 8 minutos e medio] dedicado á traxectoria vital de João da Nova, o galego máis relevante do século XVI, orixinario de Maceda (Ourense, Galiza) [Prol: 2002 / pinchar eiquí]. Eis o breve texto que penduraron deste didáctico documento audiovisual: “João da Nova, foi um explorador galego, a serviço de Manuel I de Portugal. Deu o seu nome a uma pequena ilha no Canal de Moçambique, a ilha…

Ler máis Ler máis