JOÃO DA NOVA EN ORMUZ (2)
Na biografía João da Nova. Un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal (Santiago Prol, 2002), no subcapítulo “O emporio de Ormuz” (pp. 232-233), imprentamos: “O 25 de setembro de 1507 João da Nova e Afonso de Albuquerque achegáronse ao ancoradoiro principal de Ormuz. Un enclave estratéxico entre o Golfo de Omán e o Golfo Pérsico. Gozaba dunha merecida fama como cidade cosmopolita de vertixinosa actividade comercial. Abraiaba a canto estranxeiro se achegaba. Podíanse atopar mercadores mouros e xudeus…