O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (1)
En setembro de 2003, o escritor e psicólogo Abel Yebra Faba -orixinario de Valtuille de Abajo (O Bierzo)- remataba de peneirar a fondo o libro que Xan Carballa e nós mesmos artellamos co presbítero ilustrado de Maceda e que saíra publicado o ano anterior. Fixérao para o boletín informativo –bimestral- do Grupo Yuca, abandeirado por ex paúis e con sede en Hortaleza (Madrid). Sairía imprentado en 6 achegas ao longo do ano 2004. Elaborado dende unha óptica allea ao contexto…