Navegación por
Categoría: vidal

A GRANXA DE MEIRÁS E DONA EMILIA

A GRANXA DE MEIRÁS E DONA EMILIA

No capítulo “La Granja y el Pazo de Meirás”, Manuel Vidal (1939) revela que aquel era o lugar predilecto da condesa. Ela nacera alí e pasara  a súa primeira xuventude pululando polas súas estancias e xardíns. Gozaba dunha privilexiada posición xeográfica co arrecendo do mar e os aires da montaña. Era a mansión ideal para desenvolver traballos intelectuais e creacións literarias. Contaba daquela con cen especies de flores diferentes que ela supervisaba a cotío. Mesmo recupera un breve texto da…

Ler máis Ler máis

DONA EMILIA E O PRESBÍTERO VIDAL

DONA EMILIA E O PRESBÍTERO VIDAL

Consonte Manuel Vidal a condesa era unha muller de gran enerxía, con moito carácter e “arrestos masculinos”. Outrosí ofrecía “todos los trazos y matices del eterno femenino, desde la ternura maternal hasta la pronunciada susceptibilidad de sus nervios”. A condesa só durmía cinco horas ao día. Era unha persoa autodidacta cunha cultura enciclopédica, que mesmo abeiraba os cen libros da súa autoría publicados. A relación de Manuel Vidal coa Pardo Bazán viña de lonxe. A condesa leváballe ao presbítero ilustrado…

Ler máis Ler máis

VIDA PRINCIPESCA EN MEIRÁS

VIDA PRINCIPESCA EN MEIRÁS

Nos cinco veráns completos que Manuel Vidal (Prol: 2017) pasou na Granxa de Meirás, puido comprobar que a vida cotián dentro do pazo era moi ordenada e metódica. A cotío pululaba polo interior unha cuadrilla de operarios: “parecía en cierto modo un cenobio monástico”. Comíase e ceábase a toque de campá. Había continuamente, buligando polo pazo, amigos da condesa ou dos seus descendentes (Jaime, Blanca e Carmen), entre os que sobresaían sacerdotes, literatos, aristócratas, políticos, militares e artistas, que pasaban…

Ler máis Ler máis

EMILIA PARDO BAZÁN E BENITO PÉREZ GALDÓS

EMILIA PARDO BAZÁN E BENITO PÉREZ GALDÓS

A primeira parte de Torres de Meirás. Vida y trabajo de la Condesa de Pardo Bazán y el Caudillo (1939) é a que achega máis proveito Manuel Vidal (pinchar eiquí). Está dedicada integramente á condesa de Pardo Bazán e ás Torres de Meirás. O presbítero de Maceda mesmo revela detalles biográficos de entrambos. Outrosí algunha das súas afeccións persoais: longos paseos a carón do mar á hora do té até Oleiros, Santa Cruz e Sada. Tamén cumpridas lecturas de prensa…

Ler máis Ler máis

DOUS EGREXIOS DE MACEDA NO PAZO DE MEIRÁS

DOUS EGREXIOS DE MACEDA NO PAZO DE MEIRÁS

O 17 de agosto deste 2025 logramos visitar Meirás. Mellor dito, puidemos ollar os exteriores da Granxa de Meirás (tal e como a definía a súa propietaria primixenia dona Emilia Pardo Bazán). Do interior só puidemos ter acceso á entrada principal coas singulares escaleiras e coas paredes cheas de vestixios de caza pendurados… Outrosí puidemos acceder á capela onde se atopan as famosas estatuas do Mestre Mateo. O resto do interior do Pazo de Meirás non logramos ollalo desta volta….

Ler máis Ler máis

A PENTAFOTO DE MANUEL VIDAL

A PENTAFOTO DE MANUEL VIDAL

A comezos de 2018, cando estabamos promocionando o noso libro arredor de Manuel Vidal, levámoslle un exemplar ao editor Quique Albarellos, eiquí en Compostela. Mesmo unha copia da pentafoto que nos cedera a familia Aldemira Requejo; un singular e orixinalísimo retrato de Manuel Vidal. O editor compostelán vulgarizou a foto e unha ilustrativa columna no xornal La Voz de Galicia [domingo, 11 de febreiro de 2018]. Eis o texto na súa integridade: “Hoxe imos falar dunha curiosidade fotográfica ben descoñecida….

Ler máis Ler máis