Navegación por
Categoría: cardeal

CASTELAO, PAZ ANDRADE E QUIROGA PALACIOS

CASTELAO, PAZ ANDRADE E QUIROGA PALACIOS

Valentín Paz-Andrade publicou en 1982, en Edicións do Castro, un libro fundamental en clave Nosa. “Castelao na luz e na sombra” está considerado como pioneiro na aproximación á traxectoria vital de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Na páxina 624 da reedición ampliada desta obra (Ed. Galaxia, 2012), falando da morte de Castelao, destaca unha fasquía abondo relevante vencellada co noso Cardeal. Castelao morreu dun cancro de pulmón o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires aos 64 anos de idade….

Ler máis Ler máis

CELSO MONTERO ENTREVISTA A F. CARBALLO HAI MEDIO SÉCULO

CELSO MONTERO ENTREVISTA A F. CARBALLO HAI MEDIO SÉCULO

Recupera o xornal La Región, cincuenta anos despois, a entrevista que lle fixera o crego Celso Montero (xa na órbita do PSOE do que logo sería senador) ao presbítero Francisco Carballo (xa na órbita do nacionalismo galego), co gallo dunha charla no Ateneo de Ourense. Titulárana “A Eirexa de Galicia ten que estar máis ó lado do pobo”: “A Eirexa na Galicia Contemporánea” foi o tema dunha das mellores conferencias que se levan dado no Ateneo de Ourense. O autor,…

Ler máis Ler máis

DOUS EGREXIOS DE MACEDA NO PAZO DE MEIRÁS

DOUS EGREXIOS DE MACEDA NO PAZO DE MEIRÁS

O 17 de agosto deste 2025 logramos visitar Meirás. Mellor dito, puidemos ollar os exteriores da Granxa de Meirás (tal e como a definía a súa propietaria primixenia dona Emilia Pardo Bazán). Do interior só puidemos ter acceso á entrada principal coas singulares escaleiras e coas paredes cheas de vestixios de caza pendurados… Outrosí puidemos acceder á capela onde se atopan as famosas estatuas do Mestre Mateo. O resto do interior do Pazo de Meirás non logramos ollalo desta volta….

Ler máis Ler máis

25 DE XULLO DE 1971. DERRADEIRO DÍA DO APÓSTOLO DO NOSO CARDEAL

25 DE XULLO DE 1971. DERRADEIRO DÍA DO APÓSTOLO DO NOSO CARDEAL

Atopamos na arañeira outro documento, rescatado do NO-DO, no que aparece o Cardeal Quiroga Palacios celebrando o acto central do Ano Santo de 1971 [hogano Día de Santiago Apóstolo, Día de Galicia / Día da Patria Galega]. Foi o derradeiro da súa traxectoria vital [falecería o 7 de decembro dese ano]. Logo da alocución do Xefe do Estado [naquela altura Francisco Franco Bahamonde], na tradicional cerimonia da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, o Cardeal Quiroga Palacios, entre outras consignas que xa…

Ler máis Ler máis

O NOSO CARDEAL QUIROGA; UN HOME DE ACCIÓN

O NOSO CARDEAL QUIROGA; UN HOME DE ACCIÓN

Do libriño que se fixo co gallo da “Exposición filatélica na honra do Cardeal Quiroga Palacios” (PINCHAR EIQUÍ): Castelo de Maceda, do 17 ao 25 de maio de 2008 (páx. 18-21), imprentamos unha síntese da súa traxectoria, mesmo en clave nosa: “Naceu na vila de Maceda ás cinco da tarde do 21 de xaneiro cando agromaba o século XX. Foi o sexto e derradeiro fillo do comandante do posto da Garda Civil da vila, Francisco Quiroga Álvarez e de Teresa…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, O CARDEAL DINAMIZADOR EN CLAVE NOSA

QUIROGA PALACIOS, O CARDEAL DINAMIZADOR EN CLAVE NOSA

O 21 de xaneiro de 2000 cumpríase un século do nacemento de Fernando Euloxio Quiroga Palacios na vila de Maceda (Ourense). Aquel día, en todas as edicións do xornal La Voz de Galicia, apareceu imprentada unha columna de opinión da nosa autoría, que resiste ben o paso do tempo e que imos recuperar un cuarto de século despois: “Hoxe, hai cen anos, nacía Quiroga Palacios. Na convulsa etapa republicana esbozou a imaxe dun sacerdote reflexivo, incitado pola súa química co…

Ler máis Ler máis