OS “AUGAFORTES” DE BENIGNO ÁLVAREZ
Unha fasquía abondo interesante da biografía de Benigno Álvarez é a de escritor en clave antimonárquica e a prol dunha república avanzada. No xornal La República, no que tamén colaboraban os mestres vangardistas Albino Núñez e Baltasar Vázquez [que exercían docencia en Maceda], foi onde Benigno imprentou os seus “Augafortes” dende xullo de 1930 e outras columnas en clave política. Tamén colaboraban nese xornal egrexios do nivel de Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Álvaro das Casas, Florentino Cuevillas, Manuel Gómez del…