CARGADOS CARAJOS E JOÃO DA NOVA
Comentamos na achega anterior [pinchar eiquí] que João da Nova fora un descubridor salientábel. Mesmo que certas fontes vencellaban o seu nome coa descuberta de Agalega Islands e Cargados Carajos Shoals. Recollemos da wikipedia en galego:
“O banco de Cargados Carajos[1] (tamén coñecidas coma Cargados Carajos e as Rochas San Brandón, Saint Brandon Shoals) son un grupo de entre 16 e 20 pequenas illas e illotes nun arrecife situadas no océano Índico, o nordeste das Illas Mauricio. O seu topónimo é debido ao navegante galego Joan de Novoa, quen lle daría ao arquipélago e as illas o nome de Agalega[2]. Os Cargados Carajos teñen unha área total de terra de 1,3 km². O arrecife mide máis de 50 quilómetros de norte a sur e 5 quilómetros de ancho, cortado por tres pasos; en total a área do arrecife abarca 190 km². As illas teñen unha pequena poboación, conformada maioritariamente por nativos e posúe unha rica fauna e flora. O arrecife de Cargados Carajos dependen administrativamente das Illas Mauricio aínda que están situadas a máis de 300 km o extremo sur, polo tanto están administradas dende a súa capital Port Louis. As illas son parte das illas Mascareñas.

O atol foi probablemente descuberto no 975 d.C. por navegantes árabes xunto con Dina Arobi (“Illa Abandonada” – Mauricio) e denomináronse Baixos no planisferio Cantino de 1502. Foi nomeado en 1506 por navegantes portugueses que desembarcaron para aprovisionarse no seu camiño cara á India“.