Navegación por
Autor: sprol

ABRIL EN MANAGUA, 40 ANOS DESPOIS

ABRIL EN MANAGUA, 40 ANOS DESPOIS

Mergullámonos de vez na Revolución Sandinista de Nicaragua da man do doutor Celso Sánchez. Naquela altura de 1979 deixáranos unha casete do álbum musical “Guitarra Armada” [pinchar eiquí] de Carlos e Luís Mejía Godoy & Los de Palacagüina no que, dun xeito didáctico, formulaban instrucións sobre o emprego das armas curtas e dos explosivos. Podiase escoitar polas emisoras radiofónicas que estaban a prol da revolución.  A copia que fixeramos daquela casete [que aínda conservamos] escoitámola no dyane-6 a tempo case…

Ler máis Ler máis

BENIGNO ÁLVAREZ, COLUMNISTA NO SEMANARIO LA REPÚBLICA

BENIGNO ÁLVAREZ, COLUMNISTA NO SEMANARIO LA REPÚBLICA

Xa dixemos na achega anterior que Benigno Álvarez colaboraba con certa asiduidade no semanario La República, no que tamén inserían traballos e artigos os “popes” do galeguismo, do socialismo e do republicanismo ourensán. Desta volta imos recuperar un par de parágrafos dalgunhas columnas que imprentou na segunda parte de 1930: “O rexurdimento cidadán que, por fortuna vai apoderándose dos nosos pobos, adquiriu nesta vila de Maceda a máis alta e significativa expresión coa xuntanza de todos os “bos e xenerosos”…

Ler máis Ler máis

OS “AUGAFORTES” DE BENIGNO ÁLVAREZ

OS “AUGAFORTES” DE BENIGNO ÁLVAREZ

Unha fasquía abondo interesante da biografía de Benigno Álvarez é a de escritor en clave antimonárquica e a prol dunha república avanzada. No xornal La República, no que tamén colaboraban os mestres vangardistas Albino Núñez e Baltasar Vázquez [que exercían docencia en Maceda], foi onde Benigno imprentou os seus “Augafortes” dende xullo de 1930 e outras columnas en clave política. Tamén colaboraban nese xornal egrexios do nivel de Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Álvaro das Casas, Florentino Cuevillas, Manuel Gómez del…

Ler máis Ler máis

POEMA DE X. L. PARENTE DEDICADO A RISCO

POEMA DE X. L. PARENTE DEDICADO A RISCO

Maceda é terra de poetas. Dende Afonso X o Sabio até hoxe temos un bo feixe deles. Desta volta recuperamos un poema que imprentamos na páx. 102 do volume “Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República” [Prol: 2006]. Ía consagrado a don Vicente Risco, o seu gran referente ideolóxico. Dedicaríalle outros aos egrexios ourensáns do galeguismo dos anos 30 do século pasado cos que tivo amizade acesa [Otero Pedrayo e Alexandre Bóbeda]. O que lle dedicou X. L….

Ler máis Ler máis

OS CONDES DE MACEDA, A BARCA E MUXÍA [EN BUCLE]

OS CONDES DE MACEDA, A BARCA E MUXÍA [EN BUCLE]

Xa dixemos nalgunha achega anterior que imos até Muxía todos os anos dende que residimos en Compostela. Mesmo que chama a atención ao chegar, que nos grandes carteis colocados polo concello apareza un vencello evidente con Maceda: “Santuario da Virxe da Barca. O templo deste santuario data do século XVII e garda os sepulcros dos condes de Maceda, que foron mecenas da obra”. Se damos un paseo pola vila, mesmo podemos ollar a Rúa Condes de Maceda. O mecenado e…

Ler máis Ler máis

EIBAR, DENDE SEMPRE

EIBAR, DENDE SEMPRE

O nome de Eibar levámolo asociado dende a primeira infancia. Até alí emigraron familiares nosos que regresaban nos veráns á súa terra de orixe. Polo efecto chamada, xunto con outra xente da contorna de Maceda, establecéronse a mediados do século XX en Eibar na procura dun futuro mellor. Situada no centro do País Vasco, hogano amósase estratéxica para o Turismo Social, que organiza o Goberno do Estado. Conta cun amplo e céntrico hotel [Unzaga Plaza, R/ Ego Gain, 5] a…

Ler máis Ler máis