Navegación por
Autor: sprol

O DESCANSO DERRADEIRO DE GARCÍA MOSQUERA

O DESCANSO DERRADEIRO DE GARCÍA MOSQUERA

Xa dixemos que o poeta trilingüe don Xosé García Mosquera falecera en Ourense capital o 19 de novembro de 1868, aos 51 anos de idade. Inicialmente fora soterrado no cemiterio de San Francisco. García Mosquera tivera a ben desposarse con Ignacia Fornos López o 31 de decembro de 1857. Do seu matrimonio naceran catro fillos: Carmen, Amiano, José María e María de la Concepción Antonia. A súa muller morrería vinte e nove anos despois do pasamento do poeta oficial da…

Ler máis Ler máis

GARCÍA MOSQUERA E O PIONEIRO DA FOTOGRAFÍA EN AURIA

GARCÍA MOSQUERA E O PIONEIRO DA FOTOGRAFÍA EN AURIA

Aporta Rafael Salgado, no traballo “Comezos da fotografía en Auria”, inserido na revista Raigame [núm. 42, decembro de 2018], unha concomitancia abondo interesante vencellada co poeta oficial da cidade a mediados do século XIX [léase don Xosé García Mosquera]. No ano 1856 chega a Ourense, para cubrir a cátedra de Debuxo Lineal e Pintura, o catalán Constancio López Corona [orixinario de Girona]. Naquela altura xa estaba exercendo, con destino definitivo, don Xosé García Mosquera como catedrático de Latín e Humanidades…

Ler máis Ler máis

GARCÍA MOSQUERA EN VERSOS DE LAMAS CARVAJAL

GARCÍA MOSQUERA EN VERSOS DE LAMAS CARVAJAL

Un dos primeiros recoñecementos, logo da morte de García Mosquera [19/XI/1868], foi o do seu alumno avantaxado don Valentín Lamas Carvajal, que tivo a ben publicar en El Heraldo Gallego [3/IX/1874] o poema “NO CIMETERIO DE OURENSE. Un recordo ó inxenioso e inspirado poeta galego don Xosé García Mosquera”. A composición levaba data de agosto dese 1874. Aparecería ao ano seguinte no poemario Espiñas, follas e froles. No prólogo dese volume, feito polo propio autor, podemos ler: “Dous galegos que…

Ler máis Ler máis

EPÍGRAFES DE GARCÍA MOSQUERA

EPÍGRAFES DE GARCÍA MOSQUERA

Con só 51 anos de idade e unha saúde moi precaria nos últimos tempos, don Xosé García Mosquera, o poeta oficial da cidade de Ourense a mediados do século XIX, pasaba á outra banda do esquezo o 19 de novembro de 1868. Inicialmente fora soterrado no Cemiterio de San Francisco de Ourense. En 1903 os seus descendentes decidiron trasladar os seus restos mortais ao camposanto de Escuadro [Maceda], moi perto do seu lugar de orixe. O 12 de setembro de…

Ler máis Ler máis

XOSÉ GARCIA MOSQUERA CONSONTE CARBALLO CALERO

XOSÉ GARCIA MOSQUERA CONSONTE CARBALLO CALERO

Na pioneira Historia da Literatura Galega Contemporánea de Ricardo Carballo Calero [Galaxia, 1962], aparece o egrexio poeta trilingüe de Maceda don Xosé García Mosquera [pinchar eiquí]. No capítulo II, “O Romantismo. Precursores de Rosalía”, mesmo podemos ollar, na lámina III,  o retrato do poeta de Castro de Escuadro, xunto cos de Xoán Manuel Pintos, Marcial Valladares e Francisco Añón. Do apartado correspondente recuperamos: “Hai habilidade formal, grande cultura humanística e nobreza de expresión, nos poemas galegos que escribiu García Mosquera….

Ler máis Ler máis

SALVADOR, O RETRATISTA DE CURUXAS [OU DE COUZADA]

SALVADOR, O RETRATISTA DE CURUXAS [OU DE COUZADA]

Pasounos unha amiga, que ten vencellos na contorna de Ribadavia [San Paio], a foto que encabeza esta achega, incluída na colección fotográfica do Museo Etnolóxico de Ribadavia que abandeirou Xosé Carlos Sierra durante moito tempo. Acompaña ao retrato deste bautizo un breve texto: “Acerca do autor desta colección apenas podemos facer suxestións; probablemente se trata de Salvador López, natural de Curuxas, parroquia de Santa Mariña de Asadur, concello de Maceda, Ourense; que ao seu retorno de Cuba teríase dedicado á…

Ler máis Ler máis