“CONVERSAS CO BIEITO” NAS LIBRERÍAS

“CONVERSAS CO BIEITO” NAS LIBRERÍAS

Escaparate da Librería LER, Praza das Toldas, 17, Maceda. Foto: Santiago Prol

Xa temos o libro “Conversas co Bieito” [Prol, 2022, Ed. Difusora] nos escaparates das librerías de Maceda. Outrosí o cartaz da presentación [3 de agosto deste 2022, ás 8:30 pm], no Castelo de Maceda. Intervirán: Santiago Prol, investigador e autor do libro; Alberte Pérez, arquitecto e representante da Editorial Difusora; Ana Garza, socia da Asesoría Bieito de Ourense; Anxo Quintana, ex alcalde de Allariz e ex vicepresidente da Xunta de Galicia; Bieito Seara, economista, ex alcalde de Maceda, ex alto cargo da Xunta no Goberno Bipartito [2005-09] e protagonista deste singular volume que amosa un “nivelazo”, tanto no formato da súa edición como no contido dos textos. Mesmo cun extraordinario capítulo 13, o apéndice fotográfico e documental, no que podemos mergullarnos visualmente na súa traxectoria dun xeito transversal. Conforman 296 páxinas arredor dun macedán sobranceiro; un galego comprometido coa dignificación do Noso País. ¡Beizón! ¡Saúde e Patria!

Escaparate da Librería ALICIA, Praza do Alcatruz, 4, Maceda. Foto: Santiago Prol
Os comentarios están pechados.