Navegación por
Categoría: teimas

IN MEMORIAM DE MARISA VIDAL EN ENCRUCILLADA

IN MEMORIAM DE MARISA VIDAL EN ENCRUCILLADA

A revista galega de pensamento cristián Encrucillada agromou co facho do Concilio Vaticano II. Francisco Carballo colaborou dende o malogrado núm. 0 (1974). Ao pouco do pasamento do presbítero ilustrado de Maceda (o 29 de novembro de 2014), foron aparecendo lembranzas de colaboradores salientábeis en Encrucillada. No núm. 191 (xaneiro-febreiro 2015) Marisa Vidal, Rubén Aramburu e Antón Gómez fixeron sentidas achegas. No Guieiro dese número (vol. XXXIX) imprentaba o director, Pedro Castelao, que “o pobo galego perde, coa morte de…

Ler máis Ler máis

PABLO MILANÉS E SANTIAGO DE CHILE

PABLO MILANÉS E SANTIAGO DE CHILE

Chegou ás nosas mans, logo do golpe de Estado en Chile [11 de setembro de 1973], unha casette na que se escoitaba o derradeiro discurso de Salvador Allende e o son das bombas guindadas dende os avións militares sobre o Palacio da Moeda. Logo veu a icónica cantiga de Pablo Milanés, que nos emociona hoxe coa mesma intensidade que cando a escoitamos a primeira vez:

ABRIL EN MANAGUA, 40 ANOS DESPOIS

ABRIL EN MANAGUA, 40 ANOS DESPOIS

Mergullámonos de vez na Revolución Sandinista de Nicaragua da man do doutor Celso Sánchez. Naquela altura de 1979 deixáranos unha casete do álbum musical “Guitarra Armada” [pinchar eiquí] de Carlos e Luís Mejía Godoy & Los de Palacagüina no que, dun xeito didáctico, formulaban instrucións sobre o emprego das armas curtas e dos explosivos. Podiase escoitar polas emisoras radiofónicas que estaban a prol da revolución.  A copia que fixeramos daquela casete [que aínda conservamos] escoitámola no dyane-6 a tempo case…

Ler máis Ler máis

OS CONDES DE MACEDA, A BARCA E MUXÍA [EN BUCLE]

OS CONDES DE MACEDA, A BARCA E MUXÍA [EN BUCLE]

Xa dixemos nalgunha achega anterior que imos até Muxía todos os anos dende que residimos en Compostela. Mesmo que chama a atención ao chegar, que nos grandes carteis colocados polo concello apareza un vencello evidente con Maceda: “Santuario da Virxe da Barca. O templo deste santuario data do século XVII e garda os sepulcros dos condes de Maceda, que foron mecenas da obra”. Se damos un paseo pola vila, mesmo podemos ollar a Rúa Condes de Maceda. O mecenado e…

Ler máis Ler máis

EIBAR, DENDE SEMPRE

EIBAR, DENDE SEMPRE

O nome de Eibar levámolo asociado dende a primeira infancia. Até alí emigraron familiares nosos que regresaban nos veráns á súa terra de orixe. Polo efecto chamada, xunto con outra xente da contorna de Maceda, establecéronse a mediados do século XX en Eibar na procura dun futuro mellor. Situada no centro do País Vasco, hogano amósase estratéxica para o Turismo Social, que organiza o Goberno do Estado. Conta cun amplo e céntrico hotel [Unzaga Plaza, R/ Ego Gain, 5] a…

Ler máis Ler máis

BURT BACHARACH FOREVER

BURT BACHARACH FOREVER

Enterámonos do pasamento [con 94 anos de idade] do prolífico compositor norteamericano Burt Bacharach. Conforma dende hai moito tempo un dos parceiros que empregamos como pano de fondo pra conducir, estudar, investigar, escribir… Ás casettes cos seus éxitos máis senlleiros fixeron moitos quilómetros con nós. Vaise outro grande da nómina máis nosa. Que lle sexa leve a terra… Desta volta decantámonos por unha das máis senlleiras: “I´ll never fall in love again”. Listen: