Navegación por
Categoría: lugares

OS OLEIROS DE NIÑODAGUIA

OS OLEIROS DE NIÑODAGUIA

A contorna de Maceda foi, dende tempos inmemoriais, terra de oleiros: Tioira, Cimadevila, Carguizoi, Sarreaus, Batán… En todos eles houbo artesáns do barro [tamén na vila]. O terreo arxiloso da parte inferior da depresión tectónica de Maceda facilitou esa actividade. Eiquí tamén os coñecemos como cacharreiros, xerreiros ou, na versión castelanizada, como alfareiros. Tiramos do historiador Xosé Manuel Vázquez Varela na voz “Alfarería” [GEG, t.1]: “Nos anos 30 [do séc. XX] os principais alfares galegos estaban en Buño (A Coruña),…

Ler máis Ler máis

ATENAS & PELOPONESO, XANEIRO DE 1989

ATENAS & PELOPONESO, XANEIRO DE 1989

Todas as viaxes deixan pisadas. Algunhas quedan acesas na memoria. En xaneiro de 1989 estivemos cinco días en Atenas e logo, outros catro, de circuíto polo Peloponeso [nun autobús que conducía Dimitri por unhas estradiñas cheas de ramallos de flores e cruces ao carón, en moitas curvas á memoria dos accidentados]. Visitamos naquela altura Corinto, Lepanto, Micenas, Nauplia, Epidauro, Tripoli, Olimpia, Patras, Nafpatkos, Delfos, Tebas… Nalgúns deses lugares non deixaban entrar ás mulleres nos bares ou nos cafés. Semellaba a…

Ler máis Ler máis

MONTEDERRAMO, TAN PERTO E TAN LONXE

MONTEDERRAMO, TAN PERTO E TAN LONXE

Aínda que o Concello de Maceda e o de Montederramo están xunguidos [e separados] pola liña divisoria da Serra de San Mamede, hogano viven relativamente distanciados. Montederramo limita con 8 concellos:  ao norte Parada do Sil e A Teixeira, ao sur Vilar de Barrio e Laza, ao leste Castro Caldelas e Chandrexa de Queixa e ao oeste Xunqueira de Espadanedo e Maceda. Inserido na comarca da Terra de Caldelas, demograficamente conforma un dos paradigmáticos concellos da Galicia despoboada [como moitos…

Ler máis Ler máis

O CHAMATIVO CRUCEIRO DE MARRUBIO

O CHAMATIVO CRUCEIRO DE MARRUBIO

Non moi lonxe de Maceda atopamos un conxunto escultórico abondo interesante indo pola estrada do Rodicio, a que vai cara Castro Caldelas, Trives , A Rúa, O Barco… [collendo o desvío que leva a Montederramo (42°17’46.71″N  7°28’28.98″O)]. Enclavado nun desamparado cruce de camiños, podemos ollar o Calvario de Marrubio, un cruceiro protexido por un tellado que logrou conservar boa parte da policromía orixinal na madeira e na pedra do mesmo. Tiramos de http://www.guiasilbibeinavea.es/: “O cruceiro foi realizado en 1778 coa…

Ler máis Ler máis

FERRÍN E VILANOVA DOS INFANTES

FERRÍN E VILANOVA DOS INFANTES

Nunha recente viaxe a Celanova e a Vilanova dos Infantes, atopamos abondosas pisadas abeiradas ao noso candidato ao Nobel de Literatura. Mesmo comprobamos o afecto e admiración que lle amosa a xente coa que contactamos alí. Tiramos do libro X. L. Méndez Ferrín de Xosé M. Salgado e Xoán M. Casado (Ed. Sotelo Blanco, 1989). Pregúntanlle os autores que significado tiña Vilanova dos Infantes [ou das Infantas] na súa infancia. Ferrín respondeu: “Ir a Vilanova era cambiar de mundo [el…

Ler máis Ler máis

ABRIL EN MANAGUA, 40 ANOS DESPOIS

ABRIL EN MANAGUA, 40 ANOS DESPOIS

Mergullámonos de vez na Revolución Sandinista de Nicaragua da man do doutor Celso Sánchez. Naquela altura de 1979 deixáranos unha casete do álbum musical “Guitarra Armada” [pinchar eiquí] de Carlos e Luís Mejía Godoy & Los de Palacagüina no que, dun xeito didáctico, formulaban instrucións sobre o emprego das armas curtas e dos explosivos. Podiase escoitar polas emisoras radiofónicas que estaban a prol da revolución.  A copia que fixeramos daquela casete [que aínda conservamos] escoitámola no dyane-6 a tempo case…

Ler máis Ler máis