Navegación por
Categoría: f.carballo

ENTREVISTA EN RADIO MACEDA NO ANO CERO DO BICHO

ENTREVISTA EN RADIO MACEDA NO ANO CERO DO BICHO

Por iniciativa do ex alcalde e amigo Xabier Oviedo, que sempre exerce de macedán, participamos un par de veces nesta nova xeira de Radio Maceda, en plena pandemia (no Ano Cero do Bicho). A data desta segunda entrevista coincidiu co aniversario da Revolução dos Cravos, o 25 de abril de 2020. Falamos do universo vencellado coas nosas pescudas sobre Maceda e os seus egrexios durante unha media hora. Como Xabi sabe da nosa querenza por Bob Dylan, despediu a entrevista…

Ler máis Ler máis

O DOUTOR CELSO SÁNCHEZ, A ÉTICA AO SERVIZO DA COLECTIVIDADE

O DOUTOR CELSO SÁNCHEZ, A ÉTICA AO SERVIZO DA COLECTIVIDADE

No privilexiado miradoiro da Serra de San Mamede (Castro de Escuadro, Maceda) naceu o doutor Celso Sánchez González en 1955. Quedou orfo de pai aos 15 anos. El e as súas irmás saíron adiante coa axuda da súa nai e co esforzo dos catro. Consolidamos amizade na vila de Maceda a comezos dos 80 preparando o futuro. Pasamos moitos intres de conversa -ao mediodía e ao empardecer-, na Cafetería do Cesáreo (o “Comité Central do Chéchari”). Naquela altura seguiamos de…

Ler máis Ler máis

NA HOMENAXE NACIONAL EN MACEDA A F. CARBALLO

NA HOMENAXE NACIONAL EN MACEDA A F. CARBALLO

O retrato do reporteiro gráfico Santi M. Amil, vencellado ao Grupo Voz, datámolo o 27 de decembro de 2014, cando tivemos a ben artellar a Homenaxe Nacional de Galiza a Francisco Carballo en Maceda, case un mes despois do seu pasamento en Santa Marta de Tormes (Salamanca), o 29 de novembro daquel ano. Fora adiante no Salón Multiusos que dispón para estes eventos o Concello de Maceda. Participaron o noso alcalde naquela altura, Xabier Oviedo; o portavoz nacional do BNG,…

Ler máis Ler máis

CINCO EGREXIOS PARA AS LETRAS GALEGAS

CINCO EGREXIOS PARA AS LETRAS GALEGAS

En Maceda temos en nómina un feixe de egrexios que poderían ser recoñecidos co Día das Letras. Un deles, que mesmo fixo inmersión lingüística en galego no Val do Medo cando tiña once anos, xa foi recompensado con ese galardón en 1980. Estamos a falar de Afonso X o Sabio, un macedán de adopción a tempo parcial, que lle gorentaba asinar como “rei, pola graza de Deus, de Galiza, de León, de Castela, de Toledo, de Sevilla, de Córdoba, de…

Ler máis Ler máis

TRAXECTORIA VITAL DE FRANCISCO CARBALLO(1925-2014)

TRAXECTORIA VITAL DE FRANCISCO CARBALLO(1925-2014)

Nace o 8 de marzo de 1925 no lugar de Celeirón (parroquia de Asadur, Maceda – Ourense). Cuarto de sete irmáns (4 homes e 3 mulleres). Infancia, diversión, inocencia, xogo e escola tenra dende os 5 anos. Primeira comuñón aos 6. Monta a cabalo dende os 3 anos. Ilusión coas feiras de Maceda os 4 e 20 de cada mes. Xogos na “carreira” continuos. Fogar entretido. Perda amarga da irmá maior cando ten 7 anos. Aos 11 pide estudar nos Milagres do Monte Medo, a 6 quilómetros da casa. No 2º curso, no verán, duro transo ao falecer de súpeto seu pai. Segue estudos. Aos 16 opta polo noviciado dos paúis. Catro anos en Madrid (internado filosófico atroz), outros catro en Cuenca (internado teolóxico amábel), no máis puro “nacional-catolicismo”. Presbítero aos 24 anos.