Navegación por
Categoría: f.carballo

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

O escritor e teólogo Victorino Pérez Prieto publicou no núm. 15 de AREAL [14/10/2017], -a revista da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada-, un sentido traballo. Imos recuperar desta volta anacos salientábeis da súa loa: “Francisco Carballo, cura, historiador, intelectual, profesor e home comprometido pastoral, social e politicamente co pobo galego, foi unha das figuras fundamentais na cultura e na sociedade galega contemporánea. Incansábel promotor de iniciativas. Tamén investigador e divulgador da Igrexa e a Historia de Galiza. O…

Ler máis Ler máis

ENCONTROS NO MORRAZO

ENCONTROS NO MORRAZO

Logo da homenaxe que lle fixemos en Maceda, o 4 de agosto de 2000, que Francisco Carballo agradeceu fondamente “por vir dos que máis quero e por xestarse dende as miñas orixes”, os amigos que tiveramos a ben organizar aquel recoñecemento, decidimos manter, cando menos, un encontro anual co Paco Carballo [así lle chamaban Bieito e Celso, xunto con outra xente da súa órbita máis próxima]. Esta foto que penduramos na bitácora, datada nun restaurante do Morrazo o 5 de…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002] fixémoslle a Francisco Carballo un bo feixe de preguntas sobre Quiroga Palacios. A primeira ía sobre a entrevista que tivera con el no pazo arcebispal en Compostela. Dous relixiosos egrexios de Maceda xuntos. Un era cardeal e o outro, naquela altura, director do colexio dos Paúles en Marín: “A entrevista debeu ser no 1957 e foi unha experiencia bonita. Eu tiña a imaxe de Quiroga que había na diocese. Dicían que…

Ler máis Ler máis

O SANTUARIO DOS MILAGRES & CARBALLO

O SANTUARIO DOS MILAGRES & CARBALLO

O vencello de Francisco Carballo co Santuario Mariano dos Milagres foi aceso ao longo da súa vida. Alí estudou na súa preceptoría de Latinidade. Sobre el fixo o seu primeiro libro. Alí misou unhas cantas veces en galego. Mesmo descansou na residencia dos PP Paúis. Alí predicou a “Populorum Progressio” de Paulo VI co bispo integrista Temiño Saiz axexando, mesmo enviando espías para que lle informasen do que comentaba Carballo ao abeiro dos novos aires do Concilio Vaticano II [naquela…

Ler máis Ler máis

TRES DOCUMENTOS GRÁFICOS COMO PIONEIRO A PROL DA LINGUA

TRES DOCUMENTOS GRÁFICOS COMO PIONEIRO A PROL DA LINGUA

No libro “Conversas con Francisco Carballo” (Prol / Carballa, 2002), publicado por Edicións ANT, aparecen catro documentos gráficos [pp.172-173], nos que amosamos ao presbítero nacionalista de Maceda participando activamente nas campañas a prol da galeguización da toponimia en galego e tamén na Primeira Carreira Popular en Defensa do Idioma Galego, organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galegas e abandeirada pola Asociación Cultural de Vigo, que el presidía naquela altura de comezos dos anos 80. Enviounos Xan Carballa outras fotos da…

Ler máis Ler máis

17 DE AGOSTO, DÍA DA GALIZA MÁRTIR

17 DE AGOSTO, DÍA DA GALIZA MÁRTIR

Incorporamos desta volta a cantiga que o grupo A Quenlla fixo para conmemorar o Día da Galiza Mártir [incluído no álbum “Na boca unha cantiga” de 2008], cun vídeo moi evocador, mesmo con imaxes e verbas que chegan ao fondo dos corazóns das xentes de ben do Noso País. Macedáns nacionalistas do nivel de Francisco Carballo, Celso Sánchez e Bieito Seara sempre percibiron o 17 de agosto como o día da vindicación e da dignificación dos nosos caídos e represaliados…

Ler máis Ler máis