Navegación por
Categoría: f.carballo

REBOIRAS E CARBALLO COA OLLADA DE NEMESIO BARXA

REBOIRAS E CARBALLO COA OLLADA DE NEMESIO BARXA

No xornal SERMOS GALIZA, con data do 12 de agosto de 2019, Nemesio Barxa, que fora o avogado defensor de Francisco Carballo, pendurou a extensa columna “No quarenta e quatro aniversario do assasinato de Moncho Reboiras”. Un interesante traballo do que imos recuperar a parte central na que aparece referenciado o historiador e teólogo ilustrado de Maceda: “No ano de 1979 Francisco Carballo colaborou num livro coletivo de “Historia de Galicia” (AN-PG), assumindo Carballo redigir o capítulo correspondente a os últimos…

Ler máis Ler máis

RECOÑECEMENTO DO HISTORIADOR RODRÍGUEZ LAGO

RECOÑECEMENTO DO HISTORIADOR RODRÍGUEZ LAGO

A Universidade de Alcalá organizou, en abril de 2015, un evento internacional sobre “A historia relixiosa da España Contemporánea”. O invitado galego foi o historiador José Ramón Rodríguez Lago, un dos máis salientábeis especialistas na temática relixiosa do Noso País e novo referente da mesma. A súa ponencia tratou sobre a “Historia relixiosa en Galicia”. Comezou falando de tres historiadores capitais nese eido: o franciscano José García Oro, especialista na Idade Moderna; Francisco Carballo “recentemente falecido, un relixioso da congregación…

Ler máis Ler máis

SALVADOR, O RETRATISTA DE CURUXAS [OU DE COUZADA]

SALVADOR, O RETRATISTA DE CURUXAS [OU DE COUZADA]

Pasounos unha amiga, que ten vencellos na contorna de Ribadavia [San Paio], a foto que encabeza esta achega, incluída na colección fotográfica do Museo Etnolóxico de Ribadavia que abandeirou Xosé Carlos Sierra durante moito tempo. Acompaña ao retrato deste bautizo un breve texto: “Acerca do autor desta colección apenas podemos facer suxestións; probablemente se trata de Salvador López, natural de Curuxas, parroquia de Santa Mariña de Asadur, concello de Maceda, Ourense; que ao seu retorno de Cuba teríase dedicado á…

Ler máis Ler máis

LEMBRANDO AO CHE

LEMBRANDO AO CHE

O Che Guevara fora ultimado en La Higuera, Bolivia, o 9 de outubro de 1967. Como vivimos tempos convulsos, imos recuperar “Lembrando ao Che”, a columna que lle dedicou o historiador Francisco Carballo no núm. 1.064 do semanario A Nosa Terra [10/I/2003]. Comezaba rememorando que fixera unha visita a Cuba [sabemos polas súas “Memorias” que estivo alí en 1993 e que tamén estivera con outros familiares en Montevideo, Uruguai, en 1992]. O seu curmán Rafael Simón -que fora secretario persoal…

Ler máis Ler máis

¿QUE FALTOU EN MACEDA?

¿QUE FALTOU EN MACEDA?

Fixémoslle esa pregunta a Francisco Carballo no libro das Conversas [Prol / Carballa, ANT, 2002], no primeiro capítulo dedicado á súa terra de orixe. O egrexio historiador contestou: “Denantes do 36 as aldeas estaban en eclosión pola volta dos emigrados. Espacialmente a vila de Maceda era pequena e debía estar moi amoreada. No concello había máis do dobre de habitantes que hoxe. Maceda era comercial, artesá, dos profesionais medios e dos canteiros. Había unha simbiose co campo (…). A vila…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO E OS PARATEXTOS EN AELG.GAL

FRANCISCO CARBALLO E OS PARATEXTOS EN AELG.GAL

Este 29 de novembro cúmprense 8 anos do pasamento de Francisco Carballo, un dos grandes fillos sobranceiros de Maceda. Deixounos [con 89 anos] lonxe da terra, no seu exilio último en Santa Marta de Tormes [Salamanca]. Agora ben, descansa na campa de Asadur [Maceda], pois esa era a súa vontade [coa axuda necesaria da súa sobriña Milagros Calvo Carballo, que fixo valer a súa arela derradeira diante das autoridades dos PP Paúis en Salamanca]. Reparamos hoxe nos PARATEXTOS [pinchar eiquí]…

Ler máis Ler máis