Navegación por
Categoría: f.carballo

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN RADIO ALLARIZ

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN RADIO ALLARIZ

En www.ivoox.com atopamos un singular documento sonoro de Francisco Carballo; unha intensa entrevista radiofónica [e telefónica, pois el estaba fisicamente en Chan do Monte, Marín “no seu despacho”]. Fixéranlla en decembro de 2004 dende Radio Allariz. Baixo o título A doma de Galiza nos Séculos Escuros  [durante 23 minutos e 44 segundos], Francisco Carballo amosa empatía, gran capacidade de comunicación, mesmo enorme erudición e maxisterio. Fala dos Irmandiños e o desexo dunha maioría dos galegos “para conseguir unha situación menos desfavorábel diante…

Ler máis Ler máis

F. CARBALLO, VELLO SABIO QUE NON ENVELLECEU

F. CARBALLO, VELLO SABIO QUE NON ENVELLECEU

Con ese titular, o prestixioso arqueólogo Felipe Senén imprentou un singular obituario na sección “O labirinto do alquimista”, no xornal La Opinión da Coruña, o 7 de decembro de 2014. Imos rescatalo na súa integridade, xa que logo abrangue globalmente a figura de Carballo: “O pasado 29 do mes dos Magostos finou, nunha residencia da Congregación de Padres Paúles en Salamanca, Francisco Carballo Carballo. Para nós o imprescindible Padre Carballo. Seguidor do Cristo que bota do templo ós mercadores, do…

Ler máis Ler máis

CARBALLO, XOSÉ LOIS & SABELIÑA

CARBALLO, XOSÉ LOIS & SABELIÑA

No semanario A Nosa Terra, no número 160, con data do 25 de xullo de 1981 [Día da Patria Galega], atopamos a figura de Francisco Carballo en non poucas páxinas: na 2 como conselleiro do periódico, na 3 no “cadro negro” por mor do seu proceso e resolución xudicial, na 7 e na 8 cunha extensa entrevista [“Francisco Carballo. A materialización do proceso ao noso pobo”] e a crónica do proceso [“Xuízo á Historia de Galicia”], polo que fora condenado…

Ler máis Ler máis

AO ABEIRO DO CABODANO DE F. CARBALLO

AO ABEIRO DO CABODANO DE F. CARBALLO

O 29 de novembro de 2014 finou Francisco Carballo con 89 anos lonxe da súa terra de orixe. Até Santa Marta de Tormes (Salamanca) fomos, para acompañalo no fatal desenlace, amigos e familiares, co alcalde de Maceda [naquela altura Xabier Oviedo] representando institucionalmente ao concello que o vira nacer. Deixara imprentado no libro das “Conversas” (Prol / Carballa, 2002) que arelaba “o descanso derradeiro en Asadur, na campa parroquial, un cemiteiro silencioso, de sepulturas no chan, cuberto de herbas e…

Ler máis Ler máis

HOMENAXE NACIONAL EN MARÍN CON DOUS AMIGOS DE MACEDA E PRISCILIANO DE FONDO, 2005

HOMENAXE NACIONAL EN MARÍN CON DOUS AMIGOS DE MACEDA E PRISCILIANO DE FONDO, 2005

No documento gráfico que penduramos hoxe, podemos ollar a Francisco Carballo con Bieito Seara (naquela altura cargo de máximo nivel no organigrama da Xunta / Goberno Bipartito) e Santiago Prol. Ao fondo, á esquerda (algo esvaecido), Tonhito de Poi interpretando o tema que compuxo sobre Prisciliano, para o que lle pediu a Francisco Carballo asesoramento na composición da letra. Tirou esta foto o xornalista Xan Carballa na cea posterior á entrañábel “Homenaxe Nacional a Francisco Carballo. 80 anos na defensa…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

O teólogo Victorino Pérez Prieto publicou no núm. 15 de AREAL [14/10/2017], a revista da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña), un sentido traballo. Imos recuperar parte da súa loa, que aporta fasquías abondo interesantes sobre o presbítero ilustrado de Maceda: “Francisco Carballo, cura, historiador, intelectual, profesor e home comprometido pastoral, social e politicamente co pobo galego, foi unha das figuras fundamentais na cultura e na sociedade galega contemporánea. Incansábel promotor de iniciativas. Tamén investigador e divulgador da Igrexa…

Ler máis Ler máis