Navegación por
Categoría: f.carballo

FRANCISCO CARBALLO, OTERO PEDRAYO E O BISPO TEMIÑO

FRANCISCO CARBALLO, OTERO PEDRAYO E O BISPO TEMIÑO

Imprenta Carlos Callón no “best seller” O libro negro da lingua galega (Xerais, 2022), páx. 557, a entrada “O silencio clamoroso da xerarquía eclesiástica” [xullo de 1960]. Eis o recuperado por Callón, que xa tiñamos comentado co historiador e presbítero ilustrado de Maceda no libro das Conversas [Prol / Carballa, 2002] (*): “Imos transcribir a historia tal e como a relata Daniel López Muñoz en O idioma da Igrexa en Galicia (Consello da Cultura Galega, 1989), que indica que a…

Ler máis Ler máis

POLÍTICOS DE MACEDA NAS LISTAS DO 23-F

POLÍTICOS DE MACEDA NAS LISTAS DO 23-F

Aos dez anos do escuro intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, o xornalista coruñés Carlos Fernández Santander tivo a ben publicar as listas negras dos controlados no 23-F no Noso País no xornal La Voz de Galicia no que colaboraba con asiduidade, nomeadamente con temas relacionados co Exército e as FOP. Había outras listas a nivel estatal… Lograra Carlos Fernández aquelas listas de fontes “off the record” da dereita, extrema dereita e do propio Exército…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO, 1978

FRANCISCO CARBALLO, 1978

Envíanos Xan Carballa un relevante documento gráfico que agradecemos e que imos vulgarizar na bitácora. É unha foto en Vigo, na altura de 1978, nun acto político do Bloque Nacional Popular Galego [BN-PG]. Nela atopamos ao historiador Francisco Carballo con Fernando Acuña [que andando o tempo chegaría a primeiro secretario xeral da CIG entre 1994 e 2001], Teruca Conde-Pumpido [que chegaría a maxistrada da Sala do Social do TSXG], Pedro Luaces [secretario xeral da UPG naquel intre] e Francisco García…

Ler máis Ler máis

PREMIO BOS E XENEROSOS DA AELG, 2012

PREMIO BOS E XENEROSOS DA AELG, 2012

A Asociación de Escritores en Lingua Galega [AELG] tivera a ben concederlle o “Premio Bos e Xenerosos” ao historiador Francisco Carballo en 2012. A solemne entrega fixérase o sábado, 3 de marzo, no salón de actos do Museo do Pobo Galego. Asistira unha ampla representación do eido político e cultural do Noso País. Outrosí amigos de Maceda, encabezados polo alcalde Xabier Oviedo naquela altura, Celso Sánchez, Bieito Seara, Santiago Prol…. Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, dixera naquel acto que “Francisco Carballo tivera a vontade…

Ler máis Ler máis

A LECCIÓN DO EXILIO

A LECCIÓN DO EXILIO

O 25 de xaneiro de 2001, imprentaba Francisco Carballo unha columna no semanario A Nosa Terra sobre un tema polo que tiña querencia como historiador e no que partillaba: “O exilio galego está a ser estudado e aproveitando para lembrar a un dos alcaldes de Pontevedra, don Bibiano Osorio Tafall, e homenaxear a tres mulleres representantes dese exilio, as señoras Maruxa Seoane, Mariví Villaverde e Chonchiña Comesaña. Tal exilio, 1936-75, é un dos sismógrafos que miden o terremoto dos anos…

Ler máis Ler máis

“O VATICANO É UNHA EXCRECENCIA”

“O VATICANO É UNHA EXCRECENCIA”

Por mor dos escándalos financeiros que involucraron a “peixes gordos” do Vaticano (compras inmobiliarias millonarias no exterior: inmobéis de luxo en Londres con escuras empresas inglesas que terían participado na operación financeira -con diñeiro inicialmente destinado pra erradicar a pobreza…), queremos traer á bitácora unha das afirmacións máis contundentes que fixera Francisco Carballo no libro das “Conversas” (Prol / Carballa, ANT, 2002). No capítulo “Relixión. A inculturación da fe”, na páxina 61, conversando sobre “os ateos de verdade”, Carballo dicía…

Ler máis Ler máis