XOSÉ GARCIA MOSQUERA CONSONTE CARBALLO CALERO
Na pioneira Historia da Literatura Galega Contemporánea de Ricardo Carballo Calero [Galaxia, 1962], aparece o egrexio poeta trilingüe de Maceda don Xosé García Mosquera [pinchar eiquí]. No capítulo II, “O Romantismo. Precursores de Rosalía”, mesmo podemos ollar, na lámina III, o retrato do poeta de Castro de Escuadro, xunto cos de Xoán Manuel Pintos, Marcial Valladares e Francisco Añón. Do apartado correspondente recuperamos: “Hai habilidade formal, grande cultura humanística e nobreza de expresión, nos poemas galegos que escribiu García Mosquera….