Navegación por
Categoría: egrexios

EPÍGRAFES DE GARCÍA MOSQUERA

EPÍGRAFES DE GARCÍA MOSQUERA

Con só 51 anos de idade e unha saúde moi precaria nos últimos tempos, don Xosé García Mosquera, o poeta oficial da cidade de Ourense a mediados do século XIX, pasaba á outra banda do esquezo o 19 de novembro de 1868. Inicialmente fora soterrado no Cemiterio de San Francisco de Ourense. En 1903 os seus descendentes decidiron trasladar os seus restos mortais ao camposanto de Escuadro [Maceda], moi perto do seu lugar de orixe. O 12 de setembro de…

Ler máis Ler máis

XOSÉ GARCIA MOSQUERA CONSONTE CARBALLO CALERO

XOSÉ GARCIA MOSQUERA CONSONTE CARBALLO CALERO

Na pioneira Historia da Literatura Galega Contemporánea de Ricardo Carballo Calero [Galaxia, 1962], aparece o egrexio poeta trilingüe de Maceda don Xosé García Mosquera [pinchar eiquí]. No capítulo II, “O Romantismo. Precursores de Rosalía”, mesmo podemos ollar, na lámina III,  o retrato do poeta de Castro de Escuadro, xunto cos de Xoán Manuel Pintos, Marcial Valladares e Francisco Añón. Do apartado correspondente recuperamos: “Hai habilidade formal, grande cultura humanística e nobreza de expresión, nos poemas galegos que escribiu García Mosquera….

Ler máis Ler máis

DEBEN BAUTIZAR EN GALEGO NOVOS CORPOS CELESTES

DEBEN BAUTIZAR EN GALEGO NOVOS CORPOS CELESTES

Lemos nun medio de difusión estatal, a revista máis vendida de España [Pronto, núm. 2.666, 10/VI/2023, páx. 89] que a Organización de Nacións Unidas  [ONU] “propuxo que se lle dese prioridade ás linguas vernáculas pra nomear novos corpos celestes descubertos. A Universidade Pública do País Vasco suxeriu que se bautizase como Gar [chama] ao planeta Gliese 486 e Su [fogo] á estrela abeirada. A Unión Astronómica Internacional deu a súa conformidade. Tamén o fixo coas propostas chegadas dende as Illas…

Ler máis Ler máis

DON PACO DEL RIEGO & XOSÉ LOIS PARENTE

DON PACO DEL RIEGO & XOSÉ LOIS PARENTE

No volume “Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República” [Prol: 2006] puxemos o foco no vencello entre o proteico poeta macedán e o heterodoxo intelectual galeguista de Lourenzá, ao que -este ano- lle dedican o Día das Letras Galegas que el mesmo promoveu. Estamos a falar de don Francisco Fernández del Riego. Recuperamos das páxinas 79-82: No núm. 159 de Heraldo de Galicia [27 de novembro de 1933], aparecía -na primeira páxina- unha crítica moi favorábel de don…

Ler máis Ler máis

BENIGNO ÁLVAREZ, COLUMNISTA NO SEMANARIO LA REPÚBLICA

BENIGNO ÁLVAREZ, COLUMNISTA NO SEMANARIO LA REPÚBLICA

Xa dixemos na achega anterior que Benigno Álvarez colaboraba con certa asiduidade no semanario La República, no que tamén inserían traballos e artigos os “popes” do galeguismo, do socialismo e do republicanismo ourensán. Desta volta imos recuperar un par de parágrafos dalgunhas columnas que imprentou na segunda parte de 1930: “O rexurdimento cidadán que, por fortuna vai apoderándose dos nosos pobos, adquiriu nesta vila de Maceda a máis alta e significativa expresión coa xuntanza de todos os “bos e xenerosos”…

Ler máis Ler máis

OS “AUGAFORTES” DE BENIGNO ÁLVAREZ

OS “AUGAFORTES” DE BENIGNO ÁLVAREZ

Unha fasquía abondo interesante da biografía de Benigno Álvarez é a de escritor en clave antimonárquica e a prol dunha república avanzada. No xornal La República, no que tamén colaboraban os mestres vangardistas Albino Núñez e Baltasar Vázquez [que exercían docencia en Maceda], foi onde Benigno imprentou os seus “Augafortes” dende xullo de 1930 e outras columnas en clave política. Tamén colaboraban nese xornal egrexios do nivel de Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Álvaro das Casas, Florentino Cuevillas, Manuel Gómez del…

Ler máis Ler máis