Navegación por
Categoría: egrexios

A OFRENDA DO 25 DE XULLO EN COMPOSTELA

A OFRENDA DO 25 DE XULLO EN COMPOSTELA

No núm. 1.233 do semanario ANT (27/VII/2006), Francisco Carballo imprentou unha oportuna columna sobre a ofrenda do 25 de Xullo [Día do Apóstolo Santiago para a Igrexa, Día de Galicia para as institucións e unha parte do pobo galego ou Día da Patria para o nacionalismo e o independentismo en clave Nosa]. Eis o aquelado texto: “Dúas ofrendas teñen relevancia entre nós, a “real” o día do Apóstolo Santiago, e a “sacramental”. As dúas teñen antigüidade e foron formalizadas no…

Ler máis Ler máis

POLÍTICOS DE MACEDA NAS LISTAS DO 23-F

POLÍTICOS DE MACEDA NAS LISTAS DO 23-F

Aos dez anos do escuro intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, o xornalista coruñés Carlos Fernández Santander tivo a ben publicar as listas negras dos controlados no 23-F no Noso País no xornal La Voz de Galicia no que colaboraba con asiduidade, nomeadamente con temas relacionados co Exército e as FOP. Había outras listas a nivel estatal… Lograra Carlos Fernández aquelas listas de fontes “off the record” da dereita, extrema dereita e do propio Exército…

Ler máis Ler máis

CARTA EN GALEGO DO CONDE DE GONDOMAR [sec. XVII]

CARTA EN GALEGO DO CONDE DE GONDOMAR [sec. XVII]

Diego Sarmiento de Acuña, primeiro conde de Gondomar [parente dos nobiliarios de Maceda], escribiulle unha carta ao comendador Andrés de Prada, secretario de Estado da Súa Maxestade Filipe III. Esa misiva tivo repercusión en círculos filolóxicos e históricos, ao ser un dos poucos documentos redactados en galego nos Séculos Escuros. Imos intertextualizarnos: “O nobre diplomático [e conde de Gondomar] ollou na Real Chancelería de Valladolid un preito entre Xoán de Nóvoa [señor da casa de Maceda] e o abade do…

Ler máis Ler máis

BIEITO SEARA CONSONTE ANXO QUINTANA

BIEITO SEARA CONSONTE ANXO QUINTANA

Rescatamos hoxe, do Introito [páx. 12] das “Conversas co Bieito” [Prol, 2022], as verbas de Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia no Goberno Bipartito entre 2005 e 2009: “Un día dixéronme que en Maceda había un rapaz nacionalista moi interesante. Eu, que daquela dedicábame ao proselitismo nacional a tempo parcial, mandei a un propio para testar a noticia e pouco despois tiven a oportunidade de coñecer a Bieito, que así se chamaba o intercepto. Supoño que é difícil que a primeira…

Ler máis Ler máis

BIEITO SEARA CONSONTE XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA

BIEITO SEARA CONSONTE XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA

Recuperamos hoxe, do Introito [páx. 10] das “Conversas co Bieito” [Prol, 2022], as verbas do polifacético activista en clave Nosa e mentor dun prestixioso bufete de avogados na cidade da Coruña, Xoán Antón Pérez-Lema: “Coñecín a Bieito Seara cando os dous partillamos na equipa directiva da Vicepresidencia da Xunta, nomeados por Anxo Quintana. Despois tivemos ocasión de colaborar profesionalmente, el dende a súa asesoría empresarial e eu dende o despacho de avogados que dirixo. Tanto no eido público como no…

Ler máis Ler máis

XOSÉ LOIS PARENTE / XOSÉ VELO

XOSÉ LOIS PARENTE / XOSÉ VELO

Pásanos Rodolfo Xoán Lamas Conde [orixinario de Xunqueira de Ambía] o volume “Xosé Velo, textos escollidos” [Dep. Pontevedra, 2022]. Interesante achega arredor deste singular activista político, abeirado ao galeguismo dende a xeira republicana [Celanova, 1916 – São Paulo, 1972]. Nesta aproximación mergullámonos na súa complicada vida e na súa dispersa obra literaria, incluída a súa aventura [a través do relato do seu fillo Víctor Velo] no secuestro do buque transatlántico portugués Santa María o 22 de xaneiro de 1961 [cubría…

Ler máis Ler máis