O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA
O sábado, 14 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia, ao día seguinte da presentación do noso libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008], apareceu unha salientábel columna de Antón Feito [pseudónimo dun xornalista ao máximo nivel do staff dese periódico naquela altura en Ourense]. Na súa sección “O fiadeiro” (páx. L2) imprentaba: “Fai tempo que se viña reclamando un esforzo para rescatar a figura de Benigno Álvarez do dobre…