31 DE DECEMBRO DE 1936 EN MACEDA
No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT: 2002] preguntámoslle ao presbítero ilustrado de Maceda: “¿Á túa casa chegaban noticias dos que paseaban en Maceda e dos nove que fusilaran o 31 de decembro de 1936, despois dun consello de guerra ignominioso? Si. Vixiábase a casa e nós estabamos en expectativa constante. Había medo de que houbese reaccións. Teño na memoria con todo detalle os acontecementos do 36. Deses nove martirizados, que hoxe teñen un monolito de lembranza na Praza…