ILLA SANTA HELENA NO FOCO MEDIÁTICO

ILLA SANTA HELENA NO FOCO MEDIÁTICO

Fonte: Canal Conheça Tudo

A Ilha Santa Helena atópase neste intre no foco mediático por mor do letal “hantavirus dos Andes”, que contaxiou a cruceiristas de élite e naturalistas salientábeis (entre eles Ricardo Hevia Barcón, un prestixioso ornitólogo galego, orixinario de Cariño, A Coruña). O cruceiro de luxo no barco MV Hondius partiu o 1 de abril de Ushuaia, no límite sur de Arxentina. Pasou polas Illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur, a Illa Tristão da Cunha, a Illa Santa Helena, a Illa Ascensión, o arquipélago Cabo Verde… En Santa Helena baixaron do barco varias ducias de pasaxeiros. Hogano hai toda unha infraestrutura abeirada ao turismo na illa que descubrira João da Nova no ano 1502. Amosámola nun telegráfico e logrado vídeo (1 minuto 16 segundos) da man do Canal Conheça Tudo. Obrigado!

Os comentarios están pechados.