SELO 500 ANIVERSARIO DA DESCUBERTA DA ILLA SANTA HELENA

SELO 500 ANIVERSARIO DA DESCUBERTA DA ILLA SANTA HELENA

En febreiro de 1997, preparando os fastos do 500 aniversario da descuberta da Illa Santa Helena Atántico Austral], dende Jamestown, a capital da illa, emitiuse este selo conmemorativo que nós inserimos nun dos 20 paneis da exposición permanente “João da Nova, o descubridor galego do século XVI” en Maceda [2002]. Nesta estampiña podemos ollar ao nauta galego sinalando a remota illa dende o seu barco, exercendo como capitán maior, na viaxe de regreso da III Expedición portuguesa á India [despois da primeira de Vasco da Gama e da segunda de Álvares Cabral]. A descuberta fíxase o 21 de maio de 1502 [by João da Nova]. Beizón!

Os comentarios están pechados.