O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (8)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (8)

No número de maio/xuño (2004) da revista “Yuca”, Abel Yebra segue peneirando o libro “Conversas con Francisco Carballo” (Prol / Carballa, 2002). No apartado Relixión e Ciencia, imprenta verbas, que o presbítero ilustrado de Maceda avanzaba sobre un tema abondo salientábel, que nós lle tiñamos formulado: “A Ciencia non me di que existe Deus, nin que non exista. A única instancia da miña aceptación de Deus é Xesús, e non teño outra, nin filosófica, nin científica”. Históricamente a Igrexa tívolle medo…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (7)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (7)

No apartado Relixión e Poder, Abel Yebra escolma verbas de Francisco Carballo moi contundentes: “A relixión, como impulsora do medo, pode ser un freo ou unha xustificación do poder. Foi a relixión que Cristo combateu. Era un xeito de lexitimar o poder e de someter a conciencia dos cidadáns ao poder. O relixión cumpriu ese papel durante moitos períodos da historia. Nalgúns ámbitos, ese concepto segue aínda vixente… Porén, Paulo VI deu un golpe de temón impresionante, porque denantes non había…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (6)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (6)

No punto 3.2, O seu pensamento relixioso, insire: “O feito relixioso é universal e non debe ser excluínte. Non ten toda a verdade. Esquezamos a afirmación prevaticana que dicía: a única igrexa verdadeira é a católica. Sabemos que nesta Igrexa Católica temos tanta verdade que nos anima; pero toda a igrexa que busca ao Deus que Xesús proclamou tamén participa dese espírito. Socioloxicamente falando, para moitos crentes a relixión actúa como “opio do pobo”, consolándoos e ocultándolles a realidade. Hai maxia e…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (5)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (5)

Titula Abel Yebra o apartado 3, “O seu pensamento”. Comeza co 3.1, “A transformación de Francisco Carballo”. Logo aporta: “Cando Carballo era reitor do Teologado de Salamanca, tivo a oportunidade de formar parte do “Grupo dos Sete”. “Os Sete” eran paúis que se xuntaban todos os anos en Roma pra analizar as inquedanzas, tendencias e aspiracións dos membros da Congregación nos distintos países nos que operaban. Todo isto, di Carballo, “serviume pra modificar a estrutura mental na que fora educado e evolucionar…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (4)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (4)

No número 37 da revista Yuca, publicado no boletín de marzo-abril de 2004, Abel Yebra engade con verbas do propio Francisco Carballo: “Certamente, na comunidade de Paúis de Vigo, adoptamos posicións de fronteira, aínda que buscando boas relacións cos dirixentes da Congregación e da Diocese; e tivemos tensións, como tamén as tivemos co poder civil… Queriamos que a Congregación dos Paúis e o clero desen pasos cara un cristianismo moderno. Mesmo pretendemos, nalgún intre, organizarnos como colectivo independente”. Logo engade Yebra…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (3)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (3)

No apartado 2.3, A persoa de Francisco Carballo, o crítico Abel Yebra engade que o presbítero ilustrado de Maceda “é o neno que nace no lugar de Celeirón [parroquia de Asadur, concello de Maceda, bispado de Ourense], que se pon a estudar seguindo os pasos do seu tío paúl, até ordenarse aos 24 anos. É o xoven soñador que, engaiolado pola vida do paúl mártir Perboyre, solicita ir de misioneiro á India. É o inquedo intelectual que gusta das matemáticas e completa…

Ler máis Ler máis