CARBALLO, A CULTURAL E CASTELAO

CARBALLO, A CULTURAL E CASTELAO

Pásanos Xan Carballa un par de fotos (e o díptico) dun acto que se celebrara na Galería Sargadelos, co gallo do cincuentenario da primeira edición do Sempre en Galiza de Castelao. Fora organizado pola Cultural de Vigo que presidía Francisco Carballo naquela altura. Formaba parte dun ciclo de conferencias da Federación de Asociacións Culturais Galegas. Participaran: A. C. Alexandre Bóveda da Coruña, A. C. Francisco Lanza de Ribadeo, A. C. Auriense de Ourense, A. C. Sementeira de Viveiro, A. C….

Ler máis Ler máis

10º CABODANO DO PASAMENTO DE FRANCISCO CARBALLO

10º CABODANO DO PASAMENTO DE FRANCISCO CARBALLO

A Asociación Amigos de Francisco Carballo de Maceda quere reivindicar a figura do seu fillo sobranceiro (historiador, teólogo, docente e activista), co gallo do 10º cabodano do seu falecemento. 12:00: Lugar de encontro: Cafetería Castillo (R/ As Canteiras, 1). 12:30: Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda Intervirán: Celso Sánchez (tenente alcalde de Maceda), Miguel Anxo González Ramos (familiar de Francisco Carballo), Bieito Seara (ex alcalde de Maceda) e Santiago Prol (investigador). Proxectarase o documental ARREDOR DE NÓS. FRANCISCO CARBALLO da…

Ler máis Ler máis

TRES PLACAS DE LEMBRANZA E UNHA BIBLIOTECA

TRES PLACAS DE LEMBRANZA E UNHA BIBLIOTECA

Co gallo da homenaxe que lle fixemos a Francisco Carballo en Maceda, o 4 de agosto de 2000, colocouse unha placa na súa casa natal que o emocionou ao descubrila. O texto procuraba telegraficamente poñer o foco na súa traxectoria: “Nesta casa naceu o teólogo e historiador Francisco Carballo Carballo o 8 de marzo de 1925. Un referente na conformación dun proxecto social e cultural para Galiza”. A segunda imaxe corresponde á placa que a familia tivo a ben poñer…

Ler máis Ler máis

ENGRACIA VIDAL & CARBALLO, “UN RADICAL EQUILIBRADO”

ENGRACIA VIDAL & CARBALLO, “UN RADICAL EQUILIBRADO”

Co gallo do 10º cabodano do pasamento de Francisco Carballo [finou en Salamanca o 29 de novembro de 2014], recuperamos unha aproximación entrañábel. Na bitácora www.irimegos.wordpress.com [da Asociación Irimia á que pertenceu o fillo sobranceiro de Maceda], ollamos unha singular achega de Engracia Vidal, ao abeiro da vindicación anual a prol de Alexandre Bóveda no Día da Galiza Mártir (17 de agosto) en Poio e Pontevedra.  No tradicional xantar organizado pola Fundación Alexandre Bóveda, fíxose entrega do X Premio Galiza Mártir a…

Ler máis Ler máis

PREMIO GALIZA MÁRTIR A TÍTULO PÓSTUMO

PREMIO GALIZA MÁRTIR A TÍTULO PÓSTUMO

Publicaba o xornal Faro de Vigo, na súa edición de Pontevedra, o 18 de agosto de 2015, poucos meses despois do pasamento do presbítero ilustrado de Maceda, este titular: “Premio Galiza Mártir a título póstumo para Francisco Carballo”. Logo nunha entradiña, engadían: “Cidadáns, organizacións políticas, fundacións e asociacións pola recuperación da memoria histórica e a defensa dos dereitos humanos conmemoran o Día da Galiza Mártir”. “Non é a tristura e as bágoas o que marca este acto, é o orgullo que…

Ler máis Ler máis

ASOCIACIÓN CULTURAL DE VIGO E CARBALLO

ASOCIACIÓN CULTURAL DE VIGO E CARBALLO

Francisco Carballo chega a Vigo no outono de 1973 cunha teima: inserirse en todas as frontes posíbeis para “facer camiño”, para dignificar Galiza e para que o pobo galego tome conciencia de seu. Así contacta con persoeiros centrais dentro do mundo nacionalista naquela altura: Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Camilo Nogueira, Francisco Rodríguez… No libro das Conversas (ANT, 2002) e nas Memorias que tivo a ben pasarnos, dedícalle varios parágrafos á súa xeira na Asociación Cultural de Vigo. Desta volta tiramos do que a AS-PG…

Ler máis Ler máis