Navegación por
Categoría: bitacora

NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO DE MACEDA EN GOOGLE BOOKS

NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO DE MACEDA EN GOOGLE BOOKS

Para a xente interesada temos parte do volume “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Santiago Prol, Ed. Difusora, 2009] na arañeira, léase en google books. Recuperamos outra volta a contraportada: “Esta rigorosa achega abrangue aos nobres vencellados ao Castelo de Maceda máis egrexios, que levaron o seu nome polo mundo adiante dende a Baixa Idade Media: María Fernández, a filla do conde de Traba. Afonso X o Sabio e o seu preceptor Garci Fernández. Pedro Iáñez de Nóvoa que fixo…

Ler máis Ler máis

PREMIO BOS E XENEROSOS DA AELG, 2012

PREMIO BOS E XENEROSOS DA AELG, 2012

A Asociación de Escritores en Lingua Galega [AELG] tivera a ben concederlle o “Premio Bos e Xenerosos” ao historiador Francisco Carballo en 2012. A solemne entrega fixérase o sábado, 3 de marzo, no salón de actos do Museo do Pobo Galego. Asistira unha ampla representación do eido político e cultural do Noso País. Outrosí amigos de Maceda, encabezados polo alcalde Xabier Oviedo naquela altura, Celso Sánchez, Bieito Seara, Santiago Prol…. Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, dixera naquel acto que “Francisco Carballo tivera a vontade…

Ler máis Ler máis

A PENTAFOTO DE MANUEL VIDAL

A PENTAFOTO DE MANUEL VIDAL

A comezos de 2018, cando estabamos promocionando o noso libro arredor de Manuel Vidal, levámoslle un exemplar ao editor Quique Albarellos, eiquí en Compostela. Mesmo unha copia da pentafoto que nos cedera a familia Aldemira Requejo; un singular e orixinalísimo retrato de Manuel Vidal. O editor compostelán vulgarizou a foto e unha ilustrativa columna no xornal La Voz de Galicia [domingo, 11 de febreiro de 2018]. Eis o texto na súa integridade: “Hoxe imos falar dunha curiosidade fotográfica ben descoñecida….

Ler máis Ler máis

RÚA JOÃO DA NOVA EN LISBOA

RÚA JOÃO DA NOVA EN LISBOA

Cando nos mergullamos de vez na personalidade de João da Nova [5 longos anos e agora na bitácora], non só pescudamos documentalmente a súa traxectoria, senón que procuramos ir “in situ” [e cando non, “virtualmente”] aos lugares, espazos e vestixios que puidemos atopar arredor da súa figura. Ademais do volume “João da nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” [Santiago Prol, 2002], que tivo a ben editar o Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Ourense, artellamos…

Ler máis Ler máis

DOMINAR OS VENTOS DA ILHA SANTA HELENA

DOMINAR OS VENTOS DA ILHA SANTA HELENA

Seguimos recuperando vídeos moi aqueloutrados sobre Santa Helena, a illa que descubrira João da Nova en 1502. Desta volta, intertextualizando ao fabricante aeronáutico brasileiro que realizou este singular documental con logradísimas imaxes, “uma grande produção da Embraer para comemorar o sucesso da aeronave no aeroporto mais remoto do planeta”. Beizón!

ST. HELENA / THE CITY OF JAMESTOWN to LIVE, WORK & EXPLORE

ST. HELENA / THE CITY OF JAMESTOWN to LIVE, WORK & EXPLORE

A mediados de 2023, para impulsar a promoción da capital da illa que descubrira o galego João da Nova en 1502, as autoridades locais vulgarizaron un singular proxecto videográfico de 13´ 52´´. Aínda que fora atopada polo nauta vencellado á Casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza) ao servizo da Coroa de Portugal, Santa Helena non fora poboada até 1659 polos británicos. Punto estratéxico no Atlántico Sur, hogano anda polos 4.200 habitantes. Cunha temperatura duns 10ºC en inverno e duns 30ºC…

Ler máis Ler máis