Navegación por
Categoría: bitacora

O CHAMATIVO CRUCEIRO DE MARRUBIO

O CHAMATIVO CRUCEIRO DE MARRUBIO

Non moi lonxe de Maceda atopamos un conxunto escultórico abondo interesante indo pola estrada do Rodicio, a que vai cara Castro Caldelas, Trives , A Rúa, O Barco… [collendo o desvío que leva a Montederramo (42°17’46.71″N  7°28’28.98″O)]. Enclavado nun desamparado cruce de camiños, podemos ollar o Calvario de Marrubio, un cruceiro protexido por un tellado que logrou conservar boa parte da policromía orixinal na madeira e na pedra do mesmo. Tiramos de http://www.guiasilbibeinavea.es/: “O cruceiro foi realizado en 1778 coa…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO, 1978

FRANCISCO CARBALLO, 1978

Envíanos Xan Carballa un relevante documento gráfico que agradecemos e que imos vulgarizar na bitácora. É unha foto en Vigo, na altura de 1978, nun acto político do Bloque Nacional Popular Galego [BN-PG]. Nela atopamos ao historiador Francisco Carballo con Fernando Acuña [que andando o tempo chegaría a primeiro secretario xeral da CIG entre 1994 e 2001], Teruca Conde-Pumpido [que chegaría a maxistrada da Sala do Social do TSXG], Pedro Luaces [secretario xeral da UPG naquel intre] e Francisco García…

Ler máis Ler máis

BIEITO SEARA CONSONTE ANXO QUINTANA

BIEITO SEARA CONSONTE ANXO QUINTANA

Rescatamos hoxe, do Introito [páx. 12] das “Conversas co Bieito” [Prol, 2022], as verbas de Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia no Goberno Bipartito entre 2005 e 2009: “Un día dixéronme que en Maceda había un rapaz nacionalista moi interesante. Eu, que daquela dedicábame ao proselitismo nacional a tempo parcial, mandei a un propio para testar a noticia e pouco despois tiven a oportunidade de coñecer a Bieito, que así se chamaba o intercepto. Supoño que é difícil que a primeira…

Ler máis Ler máis

BIEITO SEARA CONSONTE XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA

BIEITO SEARA CONSONTE XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA

Recuperamos hoxe, do Introito [páx. 10] das “Conversas co Bieito” [Prol, 2022], as verbas do polifacético activista en clave Nosa e mentor dun prestixioso bufete de avogados na cidade da Coruña, Xoán Antón Pérez-Lema: “Coñecín a Bieito Seara cando os dous partillamos na equipa directiva da Vicepresidencia da Xunta, nomeados por Anxo Quintana. Despois tivemos ocasión de colaborar profesionalmente, el dende a súa asesoría empresarial e eu dende o despacho de avogados que dirixo. Tanto no eido público como no…

Ler máis Ler máis

XOSÉ LOIS PARENTE / XOSÉ VELO

XOSÉ LOIS PARENTE / XOSÉ VELO

Pásanos Rodolfo Xoán Lamas Conde [orixinario de Xunqueira de Ambía] o volume “Xosé Velo, textos escollidos” [Dep. Pontevedra, 2022]. Interesante achega arredor deste singular activista político, abeirado ao galeguismo dende a xeira republicana [Celanova, 1916 – São Paulo, 1972]. Nesta aproximación mergullámonos na súa complicada vida e na súa dispersa obra literaria, incluída a súa aventura [a través do relato do seu fillo Víctor Velo] no secuestro do buque transatlántico portugués Santa María o 22 de xaneiro de 1961 [cubría…

Ler máis Ler máis