MOSTEIRO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
O Concello de Xunqueira de Espadanedo limita con Nogueira de Ramuín e Parada do Sil ao norte, Montederramo ao leste, Maceda ao sur e con Esgos ao oeste. O cenobio de Xunqueira pertenceu á orde dos beneditinos e despois aos cistercienses. Polo 1170 funcionou como filial do Mosteiro de Montederramo desvencellándose posteriormente. Singulares son os capiteis “historiados”, o altar románico de pedra e os retablos. Irá reformándose co paso dos séculos. A fachada neoclásica da igrexa amosa tres corpos e…