Navegación por
Categoría: miscelanea

MAXESTOSA BAIXADA DA MARELA

MAXESTOSA BAIXADA DA MARELA

No Entroido de 2014 a creatividade da xente abeirada ao universo dos Felos levou adiante unha afortunada iniciativa pra encher un oco na vila ao empardecer o día grande. Dende había máis dunha década xa se centraban os percorridos no Sábado [tamén no Domingo con outro enfoque libertario…]. Co enigma sempre presente, fixeron unha aposta que, inicialmente conectaba coa Morena de Laza, pero que sobordou expectativas e comparativas. Aquela idea primixenia, coa oportuna descuberta de vacas talladas en madeira de…

Ler máis Ler máis

ESTATUA DO FELO  

ESTATUA DO FELO  

O Concello de Maceda tivo a ben erixir unha estatua dedicada ao Felo na praza principal da vila. O autor desta singular figura pétrea foi o artista [recoñecido mestre de canteiría orixinario de Tioira], Nicanor Carballo [colaborador do prestixioso escultor vasco Eduardo Chillida en Donostia, dende 1965 até 1978]. Subliña o activista José Juan Pérez Ramos na web felosdemaceda.com, que a estatua púxose na Praza das Toldas o 3 de marzo de 2016. A inauguración oficial foi adiante o sábado,…

Ler máis Ler máis

O GAITEIRO CARLOS NÚÑEZ E OS FELOS

O GAITEIRO CARLOS NÚÑEZ E OS FELOS

Recolle o xornal La Región, o 20 de febreiro de 2022, un titular moi interesante en clave nosa: “Carlos Núñez amosa aos seus seguidores o felo e o entroido de Maceda”. Logo, na entradiña engade que o popular músico, un dos gaiteiros máis recoñecidos a nivel mundial [con vencellos en Maceda, xa que logo o seu avó, o pedagogo avanzado Albino Núñez, exerceu a docencia na nosa vila na xeira republicana], estivo no entroido do 2022 na aldea de Tioira…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA A UN FELO AMIGO

ENTREVISTA A UN FELO AMIGO

Comezamos o engaiolante traballo de campo arredor do universo Felo a finais dos anos 80 do século pasado. Trinta e pico anos despois fixémoslle, no relevante libro en clave nosa “Conversas co Bieito” (Prol: 2022), publicado pola editora ourensá Difusora, varias preguntas arredor do enigma ao noso amigo Xosé Bieito Seara Formoso (páxinas 241-244 do capítulo “Vida social / O lecer”). Recuperámolas desta volta, xa que logo sintetizan aqueladamente o que hogano interpela aos Felos de Maceda. Mesmo o camiño…

Ler máis Ler máis

EMILIO ARAÚXO, NO TELÚRICO TERRITORIO FELO

EMILIO ARAÚXO, NO TELÚRICO TERRITORIO FELO

Nunha das nosas visitas á Librería Couceiro en Compostela, na procura dun volume pra contextualizar a biografía que estabamos a facer sobre Benigno Álvarez, obsequiáronnos cun sorprendente libro do poeta francés Claude Royet-Journoud titulado “Frases para un felo”, que acababa de editar o selo AMASTRA-N-GALLAR (2002). As fotografías eran de Emilio Araúxo, artífice deste singular selo editorial. Logo virían moitos máis [en edición non vernal]. O propio Emilio Araúxo denominounos felo-textos. El remesaba unha ou varias fotografías a poetas, antropólogos,…

Ler máis Ler máis

ELIXIO RIVAS E O NOSO ENTROIDO

ELIXIO RIVAS E O NOSO ENTROIDO

Na “biblia” da nosa contorna aparece unha singular aproximación ao Entroido. Estamos a falar do indispensábel volume “A Limia” do egrexio etnógrafo e filólogo Elixio Rivas Quintas [Dep. Ourense, 1985]. Nas páxinas 685-89 mételle o dente a esa tradición, capítulo XXIX [“Etnografía”], subcapítulo 14 [“Ano Festeiro”]. Recuperamos o máis salientábel do imprentado por este sobranceiro investigador en clave nosa: “O galego ten a verba entroido [“introitu”], entrada á Coresma] (…). Hai quen coida que neses días prescribe toda lei moral…

Ler máis Ler máis