FRANCISCO CARBALLO, 1978
Envíanos Xan Carballa un relevante documento gráfico que agradecemos e que imos vulgarizar na bitácora. É unha foto en Vigo, na altura de 1978, nun acto político do Bloque Nacional Popular Galego [BN-PG]. Nela atopamos ao historiador Francisco Carballo con Fernando Acuña [que andando o tempo chegaría a primeiro secretario xeral da CIG entre 1994 e 2001], Teruca Conde-Pumpido [que chegaría a maxistrada da Sala do Social do TSXG], Pedro Luaces [secretario xeral da UPG naquel intre] e Francisco García…