CARBALLO, SEMPRE NO CORAZÓN
Volvemos rescatar un documento audiovisual entrañábel, teimando no centenario do seu nacemento [8 de marzo de 1925 no lugar de Celeirón, parroquia de Asadur, concello de Maceda, bispado de Ourense). Co gallo da “Homenaxe Nacional a Francisco Carballo”, que organizou o Concello de Maceda, o 27 de decembro de 2014, o xornalista, reporteiro gráfico, editor e amigo do presbítero ilustrado de Maceda, Xan Carballa, artellou un fermoso vídeo que nos chegou ao corazón a todos os presentes naquel masivo acto…