Navegación por
Categoría: joao da nova

QUE FACER NA ILLA DE SANTA HELENA

QUE FACER NA ILLA DE SANTA HELENA

Atopamos outro vídeo en youtube [10´] abondo interesante sobre a illa que descubriu João da Nova en 1502, ao regreso do III Viaxe á India da Coroa de Portugal. Ademais de fermosas vistas aéreas, o youtuber Jeb Brooks repara con detalle na famosa Escaleira de Jacob, nas residencias de Napoleón no seu exilio derradeiro en Santa Helena, nalgunhas das rutas de sendeirismo que se poden facer e nalgunhas das vistas máis abraiantes desta singular e magnética illa. Excelente traballo audiovisual….

Ler máis Ler máis

A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR (INDIA)

A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR (INDIA)

A misión da Terceira Armada da coroa portuguesa cara a India en 1501, abandeirada polo macedán João da Nova, era comercial e de exploración. Calecute e Cananor, no Malabar indio eran os destinos iniciais pra cargar especias.  A armada de Álvares Cabral (a Segunda) fracasara no plano comercial, ao non poder asentar unha feitoría alí. Mesmo creara problemas co zamorín de Calecute, pois saíra do Kerala indio a bombazos. A Armada abandeirada por João da Nova viuse involucrada nun conflito…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN RADIO ALLARIZ

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN RADIO ALLARIZ

En www.ivoox.com atopamos un singular documento sonoro de Francisco Carballo; unha intensa entrevista radiofónica [e telefónica, pois el estaba fisicamente en Chan do Monte, Marín “no seu despacho”]. Fixéranlla en decembro de 2004 dende Radio Allariz. Baixo o título A doma de Galiza nos Séculos Escuros  [durante 23 minutos e 44 segundos], Francisco Carballo amosa empatía, gran capacidade de comunicación, mesmo enorme erudición e maxisterio. Fala dos Irmandiños e o desexo dunha maioría dos galegos “para conseguir unha situación menos desfavorábel diante…

Ler máis Ler máis

12 GREAT REASONS TO VISIT ST HELENA

12 GREAT REASONS TO VISIT ST HELENA

Para o certame de Miss St. Helena de 2022, fixeron 12 curtas de 90 segundos nas que as participantes escollían un recuncho da illa descuberta en 1502 polo macedán João da Nova. O resultado foi un singular film duns 19 minutos de duración, no que van percorrendo parte dos lugares máis aquelados da illa. Ademais da introdución, podemos ollar: Diana´s Peak, A Day Sailing, Jacobs Lader, Napoleons Tomb, Ruperts Valley, Hight Knoll Fort, Museum of St Helena, Blue Hill, Monuments,…

Ler máis Ler máis

A ILLA SANTA HELENA COMO BASTIÓN DA BIODIVERSIDADE

A ILLA SANTA HELENA COMO BASTIÓN DA BIODIVERSIDADE

Recuperamos este interesante vídeo sobre a illa que descubrira o macedán João da Nova en 1502, ao regreso da III Expedición á India ao servizo da Coroa de Portugal. Desta volta céntrase na singular biodiversidade de Santa Helena, con máis de 400 especies de flora e fauna únicas no mundo. Da man do servizo de difusión pública alemán DW Documental mergullámonos nesta fascinante illa novamente. Graciñas mil!

JOÃO DA NOVA E  A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR

JOÃO DA NOVA E  A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR

Atopamos en “youtube” un interesante vídeo sobre o nauta vencellado con Maceda e a 1ª Batalla de Cananor, desenvolta na costa do Malabar indio [actual estado de Kerala]. Naquel estratéxico lugar asentaría o descubridor galego a primeira feitoría [lugar para o comercio internacional] de Portugal en Oriente. Porén, denantes tivera problemas co samorim [señor do mar] de Calecute [hogano Kozhikode]. Os islámicos establecéranse no Malabar indio había tempo. Facían de intermediarios entre o samorim, os venecianos e os xenoveses. Os…

Ler máis Ler máis